O Burela Pescados Rubén vence no derbi galego por 4-2 ao Cidade As Burgas nun encontro que as burelesas romperon no inicio do segundo período.
O derbi comezou cun zarpazo do Burela Pescados Rubén no primeiro minuto, Maite marcou o 1-0 de potente disparo ante o que Ana pouco puido facer. A intensidade en ambas escuadras impoñíase ao xogo combinativo e desa situación sacou proveito Figo para lograr o empate ourensán. O choque transcorría sen grandes ocasións de gol e aventurábase a igualada ao descanso ata que apareceu Peque, a 17 segundos da bocina, logrando o 2-1 co que se chegou ao intermedio.
No segundo acto, as burelesas cambiaron o ritmo e comezaron a dominar con maior claridade para liquidar o choque en cinco minutos. No minuto 25, o Burela Pescados Rubén vencía por 4-1, con goles de Lidia e Maite, e as ourensás careceron de poder reacción ante o dominio local. Nos instantes finais Sonia Pacios marcou o definitivo 4-2 nun derbi galego de cor laranxa.
Ficha técnica
Burela Pescados Rubén: Patri, Peque, Maite, Lidia Mesías, Bea Mateos –cinco inicial- Lara, Claudia, Silvia.
Cidade As Burgas: Ana, Peke, Sonia Pacios, María Arias, Vane –cinco inicial- Figo, Nerea García, Nati,
Goles: 1-0, m.1, Maite; 1-1, m.8, Figo; 2-1, m.19, Peque; 3-1, m.24, Lidia; 4-1, m.25, Maite; 4-2, m.40, Sonia Pacios.
Incidencias: Derbi galego da Primeira División RFEF, disputado no pavillón municipal de Vista Alegre. 600 espectadores.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
