Mondoñedo, 7 de outubro de 2013. Os cabalos son dende fai máis de 850 anos os auténticos protagonistas das San Lucas. O programa de festas está repleto de actividades relacionadas co mundo cabalar, e a comisión deste ano ten previsto unha dotación de 6.860 euros en premios. Para Miguel Souto, Presidente da Comisión de Festas “é fundamental apostar pola produción do cabalo co fin de revalorizar o monte galego”, e insistiu “con este programa dende As San Lucas seguimos apostando polos sectores productivos galegos”.
O xoves día 17, das Vésperas, Mondoñedo vive un dos momentos mais ancestrais destas feiras, xa que ten lugar a chegada tradicional dos cabalos polas rúas da cidade ata a feira. Os lugares preferentes para ver estas espectaculares imaxes son a Ponte do Pasatempo, Os Muíños, Praza do Seminario, Praza da Catedral, Fontevella, o Auditorio Municipal e a chegada no Campo dos Paxariños.
O día grande das San Lucas, o venres día 18 ten lugar no Campo dos Paxariños a gran feira tradicional de gando cabalar. Este ano a Comisión de Festas ten previsto para esta data outorgar 5.530 euros en premios repartidos en 29 categorías, que van dende o maior número de cabezas de gando cabalar ata o mellor cabalo de pura raza galega. Os premios entréganse no Recinto feiral a partir das 13:30 horas.
Pola tarde, ás 17:30 horas, haberá concurso de andadura galega no campo da Feira, nas modalidades de serrada e chapeada. Neste concurso repartiranse 440 euros en premios, ademais de trofeos e medallas que se entregarán a partir das 18:45 horas.
Exhibición de rapa
Para o sábado día 19 de outubro, día do medio, a organización preparou a partir das 12:00 horas no Campo dos Paxariños, unha exhibición de rapa a cargo do Curro do Campo de Oso de Mondoñedo. E pola tarde, ás 18:30 horas, o recinto da Granxa acollerá unha exhibición de Doma de alta escola “Homenaxe ao Mariscal Pardo de Cela”.
Para pechar as festas, o domingo 20, día das Maulas, celebrarase no Campo dos Paxariños a partir das 12:30 horas a “Gran Final da Copa Galicia de Cabalos e Eguas de Pura Raza Galega, na que os gañadores se repartirán 540 euros en premios e trofeos.
Pola tarde ás 17:30 horas, no recinto da Granxa, celebrarase o II Concurso de andadura de cabalos trotóns “As San Lucas”, onde se repartiran 350 euros en premios e trofeos.






















Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



