A asociación de axuda ao enfermo mental “A Mariña” celebra este mércores a inauguración oficial da súa unidade residencial, en Cervo (Lugar da Bidueira, na Estrada Sargadelos), que conta con 25 prazas para persoas con enfermidade mental de entre 18 e 65 anos.
O acto celebrarase a partir das 13 horas e contará coa presenza da conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato; o alcalde de Cervo, Alfonso Villares; a vicepresidenta da Deputación de Lugo, Lara Méndez; o director xeral de Asistencia Sanitaria, Félix Ruibal; e D. Antonio Crespo Iglesias, Director da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader).
Xunto a eles estarán a Presidenta da asociación A Mariña, María Iris Castro; a directora técnica Xeral de A Mariña, María José Nóvoa; o presidente da Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental (Feafes Galicia), Xosé Ramón Girón; e o director de FeafesGalicia, Antonio Hernández.
O acto comezará coa descuberta da placa conmemorativa por parte da conselleira de Traballo e Benestar. A continuación, a diretora de A Mariña fará unha visita guiada pólas instalacións, que rematará coa intervención das diferentes autoridades. Para finalizar, celebrarase un ágape de confraternidade.
Esta unidade residencial supón un salto cualitativo na atención ás persoas con enfermidade mental, xa que ata o momento a provincia de Lugo non dispoñía dun centro destas características. En toda Galicia, tan só hai tres residencias destes tipo en A Peroxa (Ourense), Cee (A Coruña) y Vilagarcía (Pontevedra).
Este Centro de Cervo conta con 25 prazas residenciais, 10 concertadas co ServizoGalego de Saúde e 15 privadas. Ademais, ten 50 prazas para centro ocupacional.
Asociación A Mariña
A asociación de axuda ao enfermo mental “A Mariña foi fundada en 1999 por famílias afectadas pola problemática da enfermidade mental, que uniron os seus esforzos para loitar por um obxectivocomún: acadar que a este colectivo e ás súas familias se lles preste unha axuda e asistencia continuada.
A asociación conta con Centros de Rehabilitación Psicosocial en Burela e Ribadeo e cun piso tutelado. Ademais, realizan intervención psicosocial e laboral coas persoas con enfermidade mental; xa que o seu obxectivo da asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña é manter á persoa con enfermidade mental no contorno comunitario, dar apoio ás familias e prestar servizos de rehabilitación psicolóxica e social, mediante unha atención integral (psicolóxica, social e ocupacional).
Feafes Galicia
A Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia é una entidade sen ánimo de lucro, creada en 1995 e que actualmente agrupa a 14 asociacións repartidas por toda a comunidade galega, con centros e servizos e 28 localidades.
O seu obxectivo é mellorar a calidade de vida das persoas con problemas de saúde mental e a dos seus familiares. A través dos recursos de Feafes Galicia atende a un total de 2.750 persoas. A entidade ofrece gratuitamente unha serie de servizos para mellorar a calidade de vida deste colectivo e defende os seus dereitos e necesidades. Ademais, asesora e representa ao movemento asociativo e leva a cabo campañas antiestigma e de sensibilización sobre a enfermidade mental.






















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



