No Campionato Galego por equipos disputado no Barco de Valdeorras, o equipo alevín feminino das E.D. Lourenzá Mondoñedo rematou en 4ª posición da clasificación xeral nunha categoría onde venceu o equipo Vila de Cangas de Vigo.
As atletas mariñás rendiron a un gran nivel, rematando nas seguintes posicións:
– Aroa Sordo: 60 metros lisos. / 4ª Clasificada.
– Ainara Rguez: 500 metros lisos. / 2ª Clasificada.
– Ana Vallines: 1000 metros lisos. / 1ª Clasificada
– Mencía Martínez-Sierra: 2 kilómetros marcha. / 5ª Clasificada
– Mencía Martínez-Sierra: Peso. / 3ª Clasificada
– Claudia Graña: Lonxitude. / 2ª Clasifiacada
– Ainoa López: Altura. / 5ª Clasificada
Relevos 4 por 60: Ainara Rguez, Ana Vallines, Claudia Graña, Ainoa López.: 4ª clasificadas.
O equipo alevín Masculino rematou en 5ª posición nun campionato que venceu o club Franciscanos de Lugo.
A actuación dos rapaces das E.D. Lourenzá Mondoñedo foi a seguinte:
– Xoel Otero: 60 metros lisos. / 3º Clasificado
– Aleix Diaz: 500 metros lisos./ 1º Clasificado
– Adnan Itrih: 1000 metros lisos./ 4º Clasificado
– Imad Itrih: 2 kilómetros marcha. / 5º Clasificado
– Hugo Rguez: Peso./ 1º Clasificado.
– Hugo Rguez: Lonxitude / 5º Clasificado
– Xaquín Sánchez: Altura. / 4º Clasificado
Relevos 4 por 60: Xoel Otero, Aleix Diaz, Adnan Itrih, Xaquín Sánchez: 5º clasificados.



















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Son 15 os postos instalados nos que os asistentes poderán atopar complementos de moda e téxtis, marroquinaría, xoiaría, teas, sombreirería, bixutaría, xoguetes ou esmaltes. Esta feira está percorrer diversas localidades e cidades galegas para dar a coñecer o traballo dos artesáns galegos. Polo recinto pasaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz.
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna hoxe ao monolito da Cadeir a, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show mañá, ou unha ruta turística o domingo. Ademais, haberá sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
