BURELA (FNC). O Centro de Información ás Mulleres de Burela e o Centro Quérote organizan un obradoiro de educación afectivo-sexual para pais e nais do alumnado de primaria e secundaria que se celebrará mañá xoves ás 20:00 horas na Casa da Xuventude. A edil de Benestar Social, Neves Cando, apunta que o obxectivo pasa “por crear un espazo de reflexión coas nais e os pais en relación coa educación afectivo-sexual dos seus fillos e fillas. Reflexionar sobre os modelos de educación afectivo-sexual existentes a nivel social, escolar e familiar e fomentar as relacións de confianza e as habilidades comunicativas”.
A concelleira nacionalista comenta que “dentro do conxunto de actividades que ven desenvolvendo o Centro Quérote no noso concello en colaboración coa Delegación de Igualdade ofrecendo obradoiros para a xuventude nos centros de ensino e obradoiros para os nosos maiores como o que tivo lugar en maio e que dado o seu éxito se repetirá no verán, agora tócalle o turno ás nais e aos pais para encarar con confianza e con instrumentos pedagóxicos axeitados a educación afectivo-sexual dos seus fillos e fillas”.
Neves Cando convida a participar no obradoiro de mañá “aos pais e as nais interesados e preocupados pola comunicación da afectividade e sexualidade dos seus fillos e fillas a acudir a esta cita que será na Casa da Xuventude”. A edil de Benestar Social engade que “as reflexións sobre o papel das familias nesta temática, a análise das barreiras comunicativas entre os pais e os fillos que ainda existen e o desmantelamento dos mitos e falsas creenzas que rodean á sexualidade e á educación afectivo-sexual parécennos fundamentais no proceso educativo dos nosos fillos e fillas”.



















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



