O presidente da plataforma denuncia o envío por parte de BEGASA de cartas ameazadoras cheas de falsidades aos usuarios que non realizaron aínda a substitución do contador.
Dende a plataforma pedimos tranquilidade aos receptores de ditas cartas e recomendamos non contestar á mesma, xa que en ningún momento se notificou de forma fiable a ningún usuario a data e hora de dita substitución e polo tanto non está BEGASA en condicións de certificar dita notificación nin ante industria nin ante ningún organismo.
Recordamos tamén que aínda non aportou BEGASA a ningún usuario nin organismo oficial a documentación obrigatoria dos contadores e que a Consellería de Industria está aínda esperando a que se lla aporten. Numerosos socios da plataforma solicitaron dita documentación en novembro do ano pasado sen que obtiveran respostas ata agora nin por parte de Begasa nin da Consellería de Industria. Denunciamos tamén que a pesar de que Begasa asegura que o cambio é totalmente gratuíto, isto non é certo; xa que no prezo de alugueiro do equipo van incluídos os gastos da montaxe e desmontaxe do contador.
Por otro lado, en ningún subministro se personou persoal identificado convenientemente como persoal de Begasa, con roupa de traballo da empresa nin furgonetas pertencentes a Begasa, e recordamos que a propia Begasa se viu obrigada a denunciar que existían individuos alleos á empresa que se facían pasar por operarios da mesma.
A obrigatoriedade de proceder á substitución do equipo é do titular da instalación e ten de prazo ata o 31 de diciembre de 2018 para facelo, o que se lle esquece novamente a Begasa explicar ao usuario e en ningún momento é obrigación de Begasa.
Por último, recordamos aos usuarios que estamos á espera de que o Valedor do Pobo conteste á reclamación presentada pola plataforma e na que por un lado se solicita a documentación obrigatoria destes equipos de medida e por otro lado se denuncia o procedemento utilizado para a substitución dos contadores; xa que vulnera claramente os dereitos dos consumidores. O Valedor do Pobo tivo que solicitar por tercera vez á Consellería de Industria a información requirida, e de persistir esta actitude, advertiralles sobre as consecuencias legais de non facelo. Isto é unha proba máis de que non existe dita documentación.
A plataforma dispón de información recente segundo a cal industria xa está tramitando unha orde obrigando á retirada de contadores que non cumpren coa normativa e que xa foron instalados por Begasa e que, segundo ela, contaban con toda a documentación esixible.
José Luís Moñita Martín






















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



