RIBADEO (FNC).- O salón de plenos do Concello de Ribadeo acolleu a entrega dos premios aos gañadores do IV Ribadeo de tapeo que foron Cervecería Raxería Pizzbur (mellor tapa do ano), La Lira (mellor tapa tradicional) e O Alén (mellor barra). Houbo ademáis dous mencións especiais do xurado para o Bar Galicia e O Cantón. O alcalde, Fernando Suárez, destacou “o éxito notabilísimo de participación de bares, mesóns e restaurantes que en número de 31 ofreceron as tapas ás miles de persoas que se achegaron e ateigaron os establecementos de Ribadeo durante a semana e media que durou este evento”.
O rexedor destacou unha das novidades desta edición do Ribadeo de tapeo “por iniciativa dos galardoados haberá unha degustación gratuita este xoves de oito da tarde a once da noite das tapas que resultaron premiadas. Pizzbur, A Lira, O Alén O Cantón e Bar Galicia queren convidar a todos aquelas persoas que queiran acudir a probar as tapas que foron merecedoras dos premios nesta cuarta edición”.
E tamén se celebrou o sorteo de agasallos entre as persoas que probaron 17 ou máis tapas no Ribadeo de tapeo que disfrutarán dunha estancia de dúas noites nun balneiro e de dúas noites tamén nunha casa de turismo rural. Os afortunados son: Carlos Lagarón Gómez (turismo rural) e Carmela Cociña (balneario).





















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



