NOTA DE PRENSA
O deputado popular explica que a situación actual é transitoria debido á dificultade de cubrir a vacante de dous prazas de forenses que aprobaron o exame do MIR e abandonaron o servizo na nosa provincia
BALSEIRO XESTIONOU UNHA ENTREVISTA ENTRE O DIRECTOR XERAL DE XUSTIZA E AS EMPRESAS FUNERARIAS MARIÑÁS PARA AXILIZAR A SOLUCIÓN ANTE A PROBLEMÁTICA DAS AUTOPSIAS
• A cita terá lugar o martes 16 de xuño, ás 12.00 horas na sede deste organismo en Santiago de Compostela.
• Balseiro é optimista e entende que, como se trata dunha situación excepcional, unha vez cubertas as prazas dos facultativos de medicina legal, recuperarase o servizo no Hospital da Costa.
A Mariña, 10 de xuño de 2009.- O deputado popular Jose Manuel Balseiro Orol intermediou para dar solución á problemática xurdida pola imposibilidade de realizar autopsias no Hospital da Costa de Burela. De feito xestionou unha entrevista entre o director xeral de Xustiza, Juan José Martín Álvarez, e representantes das empresas funerarias da Mariña lucense que terá lugar o vindeiro martes 16 de xuño ás 12.00 horas na sede deste organismo en Santiago de Compostela. Na cita tamén aproveitarán para abordar outros asuntos de interese para as empresas funerarias.
Balseiro Orol interesouse por esta cuestión e explicou que a situación actual, que obriga ao traslado dos cadáveres que precisan da realización dunha autopsia ata o Hospital Xeral de Lugo, é transitoria e vén motivada pola vacante das dúas prazas de forenses no hospitais da provincia , “pois estes facultativos tras aprobar o exame do MIR abandonaron o servizo e agora debe iniciarse o procedemento de cobertura das prazas. Algo que leva o seu tempo pola dificultade de atopar candidatos interesados nas mesmas”
En todo caso, Balseiro Orol comprométese a traballar para que desde a nova administración autonómica desenvolvan a cobertura das prazas vacantes e a recuperación das autopsias na Mariña á maior brevidade posible e con carácter urxente. Lembra que a súa formación política foi liderou a ofensiva para denunciar as problemáticas que o traslado dos cadáveres provoca ás familias dos falecidos cando no seu momento a anterior Xunta de Galicia decidiu unilateralmente e de xeito permanente centralizar as autopsias na capital provincial. O deputado popular lembra que hai boa disposición para solucionar a problemática e que o caracter excepcional da situación actual permite ser optimista.


















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



