A Mariña, 26 de outubro de 2013.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro quixo lembrar a PSOE e ao BNG que desde o Partido Popular foron os primeiros interesados en reclamar un aumento de cota da pescada do norte e fixérono xa fai tempo, a pesar da falta de apoio e dos recelos da oposición que entendían que esta petición non era necesaria e xa estaba resolta.
Os populares consideran que PSOE e BNG parecen enterarse agora de que a flota da pescada necesita apoio e descoñecen e non valoran todo o traballo realizado polas administracións e polo sector para facerse escoitar en Europa e que se autorice o incremento das posibilidades de pesca desta especie, xa no ano en curso -o que non ten precedentes en España- tras terse constatado cientificamente a abundancia deste recurso nos caladoiros de Gran Sol.
No Partido Popular insisten en lembrar que a autorización de incremento de cota non dependen nin da Xunta, nin do Goberno central “que xa fixeron os seus deberes” senón que é unha decisión da Comisión Europea fronte á que administracións e sector seguirán presionando, para que acorden definitivamente este aumento máis pronto que tarde.
LIDERANDO AS INICIATIVAS EN APOIO DA FLOTA
Os populares lembran que xa o pasado mes de xullo o ministro Arias Cañete solicitaba formalmente ante o Consello de Ministros de Pesca da Unión Europea o incremento das posibilidades de pesca, unha demanda que volveron a realizar neste mes de outubro e que se materializou na proposta forma da Comisión Europea de incremento do 27% no TAC e cota de 2013.
Os populares traen a colación tamén que o Parlamento de Galicia aprobaba, o pasado mes de setembro, unha proposición non de lei do Grupo Popular na que precisamente se facían eco desta reivindicación. Daquela os partidos da oposición dicían que non facía falta realizar esta solicitude porque xa estaba todo resolto, algo que se demostra non é así e que, son necesarios este tipo de apoios institucionais para que Bruxelas escoite ás necesidades da flota
CRÍTICAS DEMAGÓXICAS
Os populares lamentan que PSOE e BNG nun comportamento oportunista lancen críticas agora e empreguen a demagoxia contra o Partido Popular pero que, chegado o momento de defender á flota, non estean á altura. De feito lembran que os amarres de flota como consecuencia do esgotamento da cota tamén acontecía co bipartito pero daquela nin tan sequera eran capaces de formular peticións a Europa para que seguira deixando pescar. Tampouco están a altura cando votan en contra no Parlamento de iniciativas obxectivamente positivas para o sector pesqueiro como a flexibilización na prohibición dos descartes, a supresión do principio de estabilidade relativa ou cambio da normativa sobre tripulacións mínimas.



















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



