“Esta debe de ser a executiva da militancia. Pegada á realidade, implicada e comprometida”. Con este rotundo obxectivo, o novo líder dos socialistas de Lugo marcaba a folla de ruta ós novos representantes orgánicos do PSOE. Deste xeito, logo de que na mañá deste sábado elixisen co 94% do votos a Juan Carlos González Santín como secretario xeral do do Partido na provincia, pola tarde os delegados votaron ós representantes dos Órganos Provinciais do PSOE.
No acto de clausura, González Santín reiterou que “somos o único partido no que se pode ver reflexada toda persoa. Sen nós a sociedade sería moito peor, e de nós depende que sexa moito mellor. Demostraremos unha vez máis que defenderemos e modernizaremos este país. O traballo en equipo, a responsabilidade común e os éxitos compartidos serán o noso selo”. Neste senso, explicou que “a executiva está para axudar, para traballar a reo, para que non falte de nada en cada agrupación. Está debe de ser a executiva da militancia. Pegada á realidade, implicada e comprometida”.
O novo secretario provincial animou a crer no novo proxecto socialista para consolidarse como alternativa para as vindeiras eleccións municipais. É necesario, afirmou, comezar a preparar esa cita, que será “a cita do cambio na provincia, o cambio operado polo PSdG, e avanzado na Deputación. Nos concellos onde gobernamos, deberá de consolidarse, e nos que non temos a responsabilidade de goberno, debemos alcanzala e demostrar o que sabemos facer. Empecemos xa. É o noso momento”.
Ademais de cumprir os criterios de paridade do partido e de incorporar á única alcaldesa socialista da provincia, tal e como xa fixo no seu día o novo líder dos socialistas galegos, incorpora novas secretarías en resposta ós obxectivos fixados no seu discurso. Deste xeito, a principal incorporación é a Secretaría do Militante, creada co obxectivo de servir de enlace entre a executiva e os coordinadores coordinadores comarcais para dar unha resposta axeitada ós cidadáns. Así mesmo, tamén introduciu as Secretarías de Política Municipal; de Transparencia e Bo Goberno; de Economía e de Cultura e Pensións. O obxectivo, indicou González Santín, é adaptar o partido ás necesidades actuais. Para elo renova a executiva nun 30%.
Amplo respaldo ós novos órganos
Polo que respecta á executiva provincial, esta acadou o 84,16% dos votos, dos que 19 foron en branco e 101 a favor. Os integrantes que a compoñen son os seguintes: Secretario Xeral: Juan Carlos González Santín; Secretaría de Organización: José Carlos Ferreiro Otero; Secretaría de Política municipal e coordinador de Lugo: Álvaro Santos Ramos; Secretaría de Sanidade e Coordinadora da Montaña: Darya Fernández Gómez; Secretaría de Emprego: Gloria María Prado Rodríguez; Secretaría de Cultura e Pensións: Regina Polín Rodríguez; Secretaría de Medio Rural: Horacio Rouco Ferro; Secretaría del Militante: Leticia Seara Losada; Secretaría de Transparencia e Bo Goberno: Benigno Gómez Padín; Secretaría do Mar e Coordinadora da Mariña: Mayra García Bermúdez; Secretaría de Servizos Xurídicos: Laura Celeiro García; Secretaría de Comercio e Deporte: Carlos Gueimunde Cabaleiro; Secretaría de Redes e Novas Tecnoloxías e Coordinador de Sarria: Pablo Rivera Capón; Secretaría de Educación e Formación: Pilar Saavedra Morandeira; Secretaría de Economía e Coordinadora do Suroeste: Pilar García Porto; Secretaría de Turismo e Coordinador de Lemos: Roberto Castro González; Secretaria de Política Social: Ana González Abelleira; Secretaria de Sostenibilidade Ambiental e Coordinador da Terra Chá : Eduardo Vidal Baamonde; Secretaría de Administración: José Fernández Piñeiro Díaz; e Secretaría de Acción electoral: Alfonso Orol Castro,
Comisión de Control Económico
Na sesión deste sábado os socialistas tamén elexiron a comisión de control económico. Esta acadou o apoio do 87,28% dos votos, dos que 103 foron a favor e 15 en branco.Está integrada por Javier Cerqueiro González, Purificación Vázquez Martínez, María do Carme García Conde, Rocío López García e Serafín Otero Paredes.
O congreso, que estivo presidido pola Vicepresidenta Segunda da Deputación e concelleira do concello de Cervo, Lara Méndez, foi clausurado polo secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro.



















O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



