O vindeiro domingo 10 de novembro, o Grupo de Sendeirismo da ACD.XOVE, organiza a Ruta COSTA DE XOVE III, como Xornada de Clausura da Tempada 2013. Ó final da ruta, farase un xantar de confraterniadade no Restaurante A Cancela de Morás (máis coñecido por A Ponza), a base dun cocido galego. Dende o grupo de sendeirismo da ACD. Xove agradecen á Fundación Alcoa e ó Concello de Xove que acondicionaran a ruta, pois grazas a eles empeza a ver a luz un proxecto que levaban na cabeza dende fai anos: facer unha RUTA DE SENDEIRISMO por toda a Costa do Concello de Xove. A ruta será gratuíta para tódolos participantes e a saída farase dende a aldea de Vilachá, as 10:00 horas da mañá percorrendo parte da Costa de Xove; dende a Punta da Mansa ata o Cabo Morás (15,5 km de percorrido). Os interesados en recibir máis información ou inscribirse poden dirixirse á piscina municipal de Xove ou ao teléfono 618 976 159.




















A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



