Riotorto, 8 de novembro de 2013. O presidente local do Partido Popular de Riotorto, Clemente Iglesias, amosa o seu total rexeitamento pola actitude do rexedor Federico Gutiérrez Estoa, e ínstao a que “deixe o papel de actor” e cumpra co deber de rexedor.
Iglesias denuncia a ausencia do alcalde no concello e lémbralle que a súa obriga é atender aos veciños que son os que lle pagan.
“Non podemos permitir que un rexedor se ría dos seus veciños”- denunciou o popular, quen criticou “o teatro que está a facer Estoa por sendos lugares, deixando no olvido e desatendendo aos riotortenses”.
Neste senso, o presidente dos populares, afirmou que Estoa “representa a tódolos riotortenses, que son os que lle pagan o seu soldo, e non só aos intereses do BNG” e asegura que os actos de protesta que está a encabezar e pregonar polos diversos lugares, o último en Santiago, son unha clara obra de teatro na que delata o seu gusto pola pancarta, acción que antepón ao seu deber institucional.
Iglesias asegura que se Estoa aplicase ese interese teatreiro en conseguir a residencia de Riotorto, os veciños non se quedarían sen ela polo que tacha de “lamentable” que un alcalde co único afán de obter rédito político “se centre en facer demagoxia, desinformando á cidadanía e xerando alarma social nun tema tan sensible como é a sanidade”, mentres “mantén descoidado, desatendido o seu concello e non o dota de infraestructuras necesarias”.

















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



