BURELA .- O Partido Popular de Burela estima que “o establecemento de axudas a familias a principios de curso é pan para hoxe e fame para mañá” e propón ” actuacións de carácter preventivo de inmediato, tanto por parte da Xunta de Galicia coma por parte do propio Concello” ante a “posibilidade real de que se produza un peche de comercios retallistas en Burela”. Os populares propoñen a “posta en marcha dunha asociación, a creación e posta en funcionamento dun Centro Comercial Aberto e Rebaixas e/ou bonificacións fiscais en IBI, licencias de obra e licencias de apertura”.
Nota de Prensa
ROLDA DE PRENSA DO PARTIDO POPULAR DE BURELA
O PP alerta sobre a posibilidade de peche de comercios por culpa da crise económica.
Solicita da Xunta que se elabore un plan de axuda ó comercio retallista.
Os populares consideran urxente que o Concello elabore un programa específico para o comercio burelés.
O PP de Burela alertou hoxe mediante unha rolda de prensa sobre a posibilidade real de que se produza un peche de comercios retallistas en Burela por mor da incidencia da crise económica e da baixada considerable do consumo que a crise provoca. Crise que os populares cren que non remontará hasta finais de dous mil dez, que pode acarrear crecemento negativo do producto interior bruto e que pode traer consigo un catorce por cento de parados, ademais de manter a inflacción en niveis superiores en cáseque dous puntos á media europea.
Esta alerta, que o PP de Burela considera real, tén que ter actuacións de carácter preventivo de inmediato, tanto por parte da Xunta de Galicia coma por parte do propio Concello de Burela.
O portavoz do GMPP, José María González Barcia, anunciou que o seu grupo viña de presentar unha moción neste senso, dada a ampla dependencencia da economía burelesa do sector comercial, xenerador de postos de traballo e de riqueza, e ante a ausencia de toma de conciencia por parte do bigoberno burelés da auténtica realidade, que é a situación de crise que se está a vivir. Barcia apuntou que o seu grupo non se opón ás subvencións para o comenzo de curso, pero reitera o dito o ano pasado, son inxustas, por tratar a todas as rentas por igual, e non resolven o problema de fondo, porque se trata de medidas circunstanciais.
Barcia lembrou que no conxunto de Galicia o volumen de ventas diminuiu no que vai de ano entre un vinte e cinco e un trinta por cento, segundo datos da Federación Galega de Comercio, co que unha parte importante do comercio está pensando seriamente en pechar as portas definitivamente, e esta sensación xa se está a producir en Burela. Mesmo as vendas durante as rebaixas do verán deminuiron nun cinco por cento, o que dá idea da situación de crise económica que estamos a vivir. Para os populares, o peor ainda está por vir, e polo tanto hai que tomar medidas urxentes, que non deben pasar unicamente por actuacións puntuais, senón pola elaboración de planos de actuación estratéxicos que inflúan decidamente na potenciación do sector.
Neste senso, o portavoz do PP indicou que a Xunta do PSOE e do BNG non tiñan aportado nada para a potenciación do comercio, porque, por exemplo, as axudas a concellos para dotación e millora de zonas peonís e comerciais, ou a posta en marcha das axencias de desenvolvemento local, foron iniciativas da Xunta do PP. Barcia lamentou que todo o esforzo se lles fose en propaganda e máis propaganda que agora se vé que non axuda a pasar a crise ó sector comercial.
Polo tanto, os populares consideran que a Xunta debe poñer un marcha un plano de choque para combater os efectos da crise económica no comercio galego, que se fundamente en
o Medidas económicas a través do IGAPE e de SODIGA, con productos financieiros específicos, de axuda ó comercio.
o Plano de equipamentos comerciais, para protexer a liberalización, manter a libre competencia e defender os dereitos dos consumidores.
o Millora da formación profesional, a través de titulacións académicas novas e actividades e cursos de formación, como por exemplo encargado de establecemento ou operador comercial.
o Fomento do asociacionismo, apostando por colectivos potentes.
No que se refire ó Concello de Burela, González Barcia asegurou que o que o PP solicita xa é reiterativo, e que nas tres medidas que propoñen o PP xa demostrou saber como facelo, porque a asociación estaba a punto de crearse, coma o Centro Comercial Aberto, cando se fixo o cambio de goberno municipal, e agora está todo paralizado, tanto, que os comerciantes caeron nun escepticismo tal que xa non crerán o que se lles poida propoñer.
As medidas que propón o PP para que sexan adoptadas polo concello de Burela son
o Posta en marcha dunha asociación.
o Creación e posta en funcionamento dun Centro Comercial Aberto.
o Rebaixas e/ou bonificacións fiscais en IBI, licencias de obra e licencias de apertura.
No que se refire ás rebaixas ou bonificacións fiscais, o PP lembra que xa hai experiencia neste tipo, como as deduccións fixadas polo Pleno hai anos para actividades empresariais vinculadas coa actividade pesqueira, e a rebaixa do IBI levada a cabo en 2007.
Para os populares, o lamentable é que o bigoberno burelés non toma en consideración ningunha destas medidas, e por riba non fai nada para axudar ó comercio burelés. O establecemento de axudas a familias a principios de curso é pan para hoxe e fame para mañán, porque non resolven nada; eso é o máis fácil de facer e non da traballo, polo que o que ten que facer o equipo de Goberno é poñerse a traballar para desenvolver outras medidas e non adicarse a vaguear mentres pasa o tempo; os comerciantes queren que se actúe con carácter estructural, que ataque os problemas de fondo que trae consigo a crise.
En Burela, a vinteoito de Agosto de dous mil oito.






















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



