As categorías alevín masculino e feminino así como as benxamín masculino e feminino das Escolas Deportivas Lourenzá Mondoñedo viaxaron a Vigo (Balaídos) o pasado sábado 9 de novembro para participar na II Liga Escolar Federada que organizou a Federación Galega de Atletismo.
Esta é a primeira vez que participa o club no que cada proba ten que ser cuberta por dous atletas e un atleta non pode ir a máis de dúas probas. Esta II Liga Escolar Federad terá continuación o vindeiro sábado 30 en Lugo.
Os resultados foron os seguintes:
ALEVÍN MASCULINO: Mario Pardo (10º en 60 ml. / 7º em 500)
Nicolás Álvarez(3º em 1000, 4º en altura)
Samuel Debasa( 12º em 60 / 8º en altura)
Aleix Diaz(1º en 60 / 3º en 500),
Joel Moirón ( 15º en peso )
Xaquín Sánchez (8º en altura / 7º en lonxitude)
Jerom Moirón ( 10º en peso)
Hugo Villalba ( 13º en lonxitude / 9º en 1000)
ALEVÍN FEMININO:
Hiba Bouyzar (4ª en 1000 / 11º en 60)
Sara García (16ª en 500 / 17ª en lonxitude)
Ainhoa López (6ª en lonxitude / 10ª en 60)
Mencía Martínez (3ª en peso)
AinaraRguez( 1ª en 60 m.l. / 2ª en 500 ml)
Aroa Sordo ( 10ª en altura / 15ª en 500)
Ana Vallines ( 2ª en altura / 1ª en 1000)
María Vallines ( 7ª en peso)
BENXAMÍN MASCULINO:
Brais Diaz( 11º en 50 ml. / 5º en 1000)
David Martinez (6º en 500 / 8º en altura)
Ian Méndez ( 4º en 1000)
Manuel Rguez ( 7º en peso / 4º en 500)
Fernando Vallines ( 2º en peso / 2º en lonxitude)
Nicolás Rguez ( 11º en lonxitude / 9º en 50 ml)
BENXAMÍN FEMININO:
Valeria Álvarez (1ª en 1000 / 3ª en altura)
Carmen García( 2ª en altura / 4ª en 1000)
Diana Lastra (5ª en 50 / 2ª en 500)
Jimena Otero ( 10ª en 50 / , 8ª en peso)
María Sánchez ( 9ª en lonxitude / 3ª en 500)
CLASIFICACIÓN PROVISIONAL:
Tres dos catro equipos atópanse na zona de podio, a falta da xornada definitiva en Lugo o vindeiro día 30.
BENXAMÍN MASCULINO: 4º Clasificado de 8 equipos con 137 puntos.
BENXAMÍN FEMININO: 3º Clasificado de 8 equipos con 144 puntos.
ALEVÍN MASCULINO: 3º Clasificado de 8 equipos con 142 puntos.
ALEVÍN FEMININO: 3º Clasificado de 8 equipos con 156 puntos.





















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).