“O PP de Viveiro faise eco, unha vez máis, das deficiencias, dos esquecementos e o abandono ao que están sometidos numerosos veciños, que recorren ao noso grupo ante a pasividade dos responsables municipais á hora de darlles solucións aos seus problema se ás queixas plantexadas”, segundo manifesta o concelleiro popular Celestino García Paz.
Dentro destas queixas, os populares sinalan as de algúns veciños de Lavandeiras da parroquia de Celeiro que están preocupados polas carencias que ven sufrindo a fonte pública de Cova Caída, debido á pouca cantidade de auga que mana, o que provoca que teñan que estar moito tempo para encher as súas botellas ou xerros de auga, así coma o temor de que poidan quedar sen auga, tal e como sucedeu en dúas ocasións nos últimos anos.
O PP de Viveiro recorda que a principios do ano 2011 esta fonte deixou de manar auga e grazas á intervención do persoal de Acuagest conseguiuse subsanar esta deficiencia, motivada polo atasco dol pozo de rexistro nunha zona complicada e difícil.
O PP de Viveiro solicita ao goberno municipal socialista que “adopte as medidas necesarias para a súa corrección, procurando así que a fonte de Cova Caída da parroquia de Celeiro volva á normalidade e evitando, na medida do posible, que deixe de manar auga, o que sen dúbida algunha será motivo de satisfacción para todos aqueles veciños que aprecian a calidade deste manancial”.

















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



