Ribadeo, 13 de novembro de 2013. As entidades bancarias con caixeiros automáticos na vía pública en Ribadeo pagaranlle ao Concello 2.200 euros anuais a partires do vindeiro ano. Éste será un dos asuntos que aborden no pleno ordinario do venres, 15 de novembro. O alcalde, Fernando Suárez, asegurou que esa cantidade cuadriplícase con respecto á que abonaban ata o de agora e dixo que “non nos importa sangrar á banca. Si o Estado lle axudou con miles de millóns de euros para evitar o seu afundimento, supoño que agora non lle importará que a banca lle entregue unha parte do seu beneficio ao Concello”. O resto das taxas e impostos municipais quedan conxeladas en 2014.
O rexedor explicou que “de todos os temas que irán ao pleno ordinario o máis importante que se pode dicir é que ningún deles contempla subas de taxas ou de impostos municipais para 2014. Conxélanse todos os impostos e taxas aínda que hai unha delas, que é a taxa por recollida de lixo, que estamos desde este Concello e desde outros moitos máis tentando abrir unha canle de diálogo coa Xunta porque nos parece un despropósito que nos poidan subir o 34% na tonelada de recollida de lixo que Sogama lles fai aos concellos. Agardemos que iso non chegue a ser así, porque senón teríamos que trasladarlle unha parte importante dese incremento á cidadanía”.
Suárez Barcia subliñou que “a este pleno non irá ningunha suba agás unha que quero explicar con detalle. Hai unha ordenanza que existe desde hai anos que é a que regula a utilización do solo público por aproveitamento especial por varios motivos e hai un deles que é o dos caixeiros automáticos, que xa desde hai anos están a pagarlle unha cantidade ao Concello pola ocupación que fan as persoas que os utilizan da vía pública. Esta cifra vaise ver cuadruplicada, dado que duns 570 euros pasarán a pagar 2.200 euros ao ano ao aplicar o cambio que lle fixemos a esta normativa”. O alcalde de Ribadeo dixo que “non nos importa desde o goberno municipal sangrar á banca. É máis si o Estado que axudou con miles de millóns de euros á banca para que non afundise a costa de sacrificar ás familias e ás clases medias e baixas, agora supoño que non lles importará, e supoño que o farán de bo grao, que a propia banca contribúa tamén a entregar unha parte do seu beneficio ao Concello, que non deixa de ser unha parte do Estado, para que poidamos ter ingresos que nos permitan seguir a prestar os servizos que estamos prestando”.
Suárez Barcia engadiu que “esta modificación está dirixida a todos os caixeiros de Ribadeo que dan á vía pública, que é onde podemos actuar con esta normativa. Agardo que o asunto vaia para adiante non só cos votos do equipo de goberno, senón coa unanimidade de toda a Corporación Municipal”.
Outro dos asuntos que se debatirán na sesión plenaria ordinaria do venres será a aprobación definitiva da ordenanza reguladora do uso e aproveitamento especial de vías públicas e espazos de titularidade municipal. O rexedor ribadense indicou que “se refire sobre todo aos transportes pesados, que son os que levan madeira por camiños públicos. Esta ordenanza non contempla que os madeiristas ou propietarios paguen unha taxa municipal, pero sí contempla que os madeiristas deberán depositar unha garantía, a través dun aval ou dunha fianza, que responda polos posibles danos nos camiños municipais”. Fernando Suárez contou que “estamos aburridos e fartos de loitar con eles, porque desfán os camiños, venden a madeira e logo marchan e temos que ir desde o Concello a amañar esas vías e iso non pode ser así. Unha vez que depositen a garantía, si a corta se fai correctamente e si a saca de madeira polos camiños se fai correctamente o Concello devolverá integramente o aval e non lles suporá custe algún. Así garantiremos que os viais queden en perfecto estado, pero si se produce algún desperfecto será o madeirista o que terá que responder polo seu amaño”.





















Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



