A FAPACEL (Federación Provincial de ANPAS de Centros Públicos de Lugo) segue co seu traballo de dar información a todas as nais e pais da provincia de Lugo sobre a implantación da LOMCE. A mellor forma de poder discutir sobre unha lei e coñecela. Trataremos de explicar os cambios que se van producir na educación pública a partir de que esta lei entre en vigor, cousa que esperemos que non chegue a producirse. Trataremos de centrarnos nos cambios que máis van implicar as nosas nenas e nenos, cambios directos na súa forma de pasar de ciclos, nas materias que se lles vai impartir, ect. xa que “a mellor forma de poder discutir sobre unha lei é coñecela”. Desta volta será no Cine Teatro de Ribadeo a partires das 19.30 horas deste mércores.
Charla da FAPACEL sobre a implantación da LOMCE
Charla da FAPACEL sobre a implantación da LOMCE
Relacionado
-
Xa se coñecen os traballos que resultaron gañadores do certame de narración e debuxo infantil de Cervo convocado con motivo das Letras Galegas
-
Presentacion do libro “Ángeles Alvariño. Mi estela en los oceános” de Germán Castro Tomé
-
Este martes celebrouse cunha gran afluencia de público un novo “Arruguiñas falando”