Foz, 22 de novembro de 2013. A corporación municipal de Foz non aprobou a proposta do goberno local do Partido Popular para reclamar á Deputación Provincial de Lugo que cambie as bases do plan de emprego. O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, critica aos grupos da oposición (PSOE, Unifoz e BNG) por “apoiar que os parados de Foz non poidan optar a eses postos de traballo”.
O rexedor municipal explicou hoxe que “despois de facer onte o pleno extraordinario no que o grupo de goberno reclamaba á Deputación de Lugo que cambiase as bases do plan de emprego publicado no Boletín Oficial da Provincia vímonos moi sorprendidos polo voto en contra de todos os grupos da oposición. Non se pode entender como partidos como o PSOE, o BNG e Unifoz, que están reclamando medidas de emprego, rexeiten que Foz poida optar ao plan de emprego da Deputación, vendo que as bases que saíron son totalmente nesgadas, rexeitan a todos aqueles concellos que teñen máis de 5.000 habitantes e ademais os criterios de puntuación son verdadeiramente fóra de contexto”.
Javier Castiñeira engadiu: “moi sorprendidos sobre todo polo voto en contra do grupo independente Unifoz, que sen ningún tipo de razón vota en contra e entendo que é porque está buscando outro tipo de situacións. Aínda que non debería sorprender demasiado porque durante estes dous anos de lexislatura leva votando en contra de todo o que presenta o goberno e que é positivo para o concello de Foz. E o PSOE e o BNG, co seu servilismo partidista, votan que os parados de Foz non poidan optar a ese plan de emprego da Deputación de Lugo. Polo tanto, desencanto porque o Concello de Foz debería queixarse á Deputación. Esa soidade na que está o Partido Popular entendo que os veciños téñena que ver. Pero dende logo nós non vamos cesar no noso intento de loitar contra a multitude de agravios que está facendo a Deputación cos concellos gobernados por outros grupos políticos. E estaremos aí sempre reclamando”.
O alcalde focense rematou manifestando que “este caso é moi grave, porque máis do 90 por cento dos parados da provincia non poder optar a un posto de traballo”.
















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



