Entre Balseiro e Barreiro, como caudillos do PP na provincia de Lugo, decidiron, como método de panfleto político, convocar Plenos Extraordinarios de urxencia alí onde o PP tivera maioría absoluta cun único punto na orde do día: acoso e derribo o señor José Ramón Gómez Besteiro actual Secretario Xeral do PSdeG-PSOE e Presidente da Deputación de Lugo.
Para xustificar os Plenos fan propostas de alcaldía para que as corporacións acorden instar a Deputación a modificar as bases que regulan as axudas e subvencións para os Concellos de Lugo, de menos de 5000 habitantes, dentro do programa temporal de fomento de emprego e posta en valor do territorio. Entenden que estas bases discriminan os seos Concellos e piden outras para que cambien as tornas e sexan eles os beneficiarios.
No pleno convocado polo Sr Barcia en Burela quedou claro que os membros do equipo de goberno están ás ordes da Dirección Provincial, e non dubidan en facerlles o xogo empregando o Pleno Municipal como soporte de un mitin político de partido. Irresponsablemente e con unha dose de baixeza política extraordinaria usan o máximo órgano colexiado para facer un ataque a unha institución e sobre todo ó Presidente de dita institución.
En Burela o grupo municipal do PP non está a traballar para os veciños, non está implicado en facer políticas activas de promoción do emprego e da economía. Non reclaman á Xunta medidas que faciliten postos de traballo (construción da gardería, ampliación do hospital, acceso ó porto, plans de cooperación, asentamento de empresas, promoción comercial e turística, etc), pero entra a saco para reclamar axudas á Deputación ó mesmo tempo que renuncia ás que esta institución lles ofrece. Por exemplo o alcalde renunciou o plan de aforro enerxético co que a Deputación lle facía gratis unha auditoría e lle dotaba de equipamento eficiente. O alcalde de Burela preferiu facerlles pagar ós veciños a auditoría e equipamento. Tamén renunciou a aplicación da normativa ISO14001 que beneficiaba e potenciaba o atractivo turístico das nosas praias.
A Deputación, dentro das súas competencias, aplicará no orzamento do 2014 de 10,7 millóns de euros para impulsar as liñas de inserción laboral que xa ten en marcha como son o Pacto Provincial polo Emprego, plan de colaboración coa Escola de Organización Industrial, Plan Municipal de Emprego, programa Fórmate en Verde, bolsas Leonardo da Vinci, e axudas para Grupos de Emerxencia Supramunicipal.
A Xunta de Galicia de Feijóo recortou 238 millóns de euros os fondos de políticas activas de emprego, deixou a moitos concellos sen obradoiros ou escolas de obradoiros, aumentou o paro na provincia en 7000 persoas, aplicou repagos, empobreceu o ensino a sanidade e as axudas sociais, aplica aumentos de canon na auga e no lixo, non actúa eficientemente na problemática de empresas como Navantia, Cerámicas de Sargadelos, Alimentos Lácteos e tantas outras que o están pasando mal. Moitas na Comarca da Mariña.
Pero á Xunta, o noso equipo de goberno non lle reclama nada. Nin fai ningún Pleno Extraordinario de urxencia para reclamar máis atención do goberno da Autonomía en temas económicos, sociais, de emprego, educativos, sanitarios, orzamentarios ou de infraestruturas.
É penoso e triste que empreguen o seu tempo, en horas de traballo, a ser marionetas manexadas por elementos do seu partido, que o único que lles importa é manterse no pedestal, e non se apliquen en atender os intereses xerais dos veciños. En atender os intereses xerais de Burela.
Alfredo Llano García.
Deputado Provincial e Portavoz do Grupo Municipal Socialista de Burela

















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



