Cervo, 26 de novembro de 2013-O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Begoña Alonso, e o artista Queralt Blanch presentaron este martes a exposición “El Quijote y los Derechos Humanos” que se inaugurará este domingo ás 18 horas nas Carboeiras de Sargadelos e que estará exposta durante os meses de decembro e xaneiro.
Esta mostra recompila boa parte dos lenzos do pintor catalán ao redor da figura do Quixote e dos pensamentos do seu autor, Miguel de Cervantes, sobre os Dereitos Humanos. Traballados durante máis de 20 anos, os cadros de Queralt pasan por diversas fases, dende unha máis colorista e cálida, ata outras máis innovadoras en canto á técnica, nas que experimenta con texturas e relevos utilizando como cores básicas o branco e o negro, sen esquecer unha serie de retratos do fidalgo da Mancha nos que o artista plasma os estados de ánimos do Quixote.
No caso da exposición que se pode visitar nas Carboeiras, cabe destacar que inclúe varias obras que se verán por primeira vez en Cervo, xa que nunca antes foran exhibidas noutra sala, o que lle confire un “valor añadido a esta exposición como una oportunidad única” explica Alonso.
Pero ademais, esta mostra ten unha vertente didáctica, xa que foi concibida polo autor como un proxecto máis alá do artístico e que se orienta é educación en valores, especialmente para a xuventude. Por iso, o Concello e o artista traballarán para promover as visitas de centros escolares da comarca que poderán percorrer a mostra acompañados das explicacións de Queralt.
Alonso asegura que a organización de exposicións é unha das liñas de promoción cultural que segue o Concello: “Nuestro objetivo es doble, por un lado, ofrecer un espacio a los artistas para que puedan exhibir y hacer visible su obra, y por otro, acercar a nuestros vecinos y visitantes las creaciones de esos autores”. Hai que lembrar que durante este mes de novembro estivo aberta a exposición de Isidro Cea “Anxos, demos e outros retratos divinos de la muerte” e que aínda se pode visitar na Casa da Cultura ata o próximo venres. “Nuestro objetivo es promover y difundir la cultura a través de sus múltiples manifestaciones, ya sea fotografía, pintura o cualquier otra forma de arte” remata a edil.






















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



