Sucede ás veces que na sociedade danse episodios de olvidos que derivan en inxustizas, das que son víctimas xentes a miúdo meritorias, pois en certas facetas inciden de xeito altruista nalgún tipo de beneficio, material ou inmaterial, na mesma sociedade que, ó menos en apariencia, mantense afastada de calquera recoñecemento ou gratitude daqueles que, personal ou colectivamene, son beneficiarios das actitudes altruistas e xenerosas En Foz temos mais dun caso neste senso e imos traer á memoria algúns que o cronista entende que ocupan tal status. Acepta a posible existenza de outros e respecta as discrepancias que podan darse cos seus criterios .
No ano 1749 o focego Pascual Villapol, emigrado en Perú, remesou os cartos precisos para adquirir os terreos necesarios e construir unha escola para rapaces. Creou unha fundación dotada cos medios económicos para o sostemento da mesma e do mestre titular, mesmo dando as instruccións oportunas de cómo o centro deberia funcionar: materias a impartir, disciplina, horarios de verán e inverno, etc. Trátase dun pioneiro da ensinanza na vila A escola foi a chamada “de Fondós”, pola ubicación, hai 50 anos transformada na que sexa acaso a mais fermosa Gardería Infantil do norte de Galicia, que garda unha apaixoada e singular historia; acaso as páxinas de maior interese do pasado do pobo que convidamos a ler no magnifico libro de Antón Niñe, que tivemos a honra de prologar. Pois ben, nunca persoeiro tal foi siquera lembrado polas distintas corporacións locais, gobernos nen oposicións.
Pasaron moitos anos dende que o cronista pedira que unha das catro rúas que confluen no caserón de Fondós fose nomeada como Pascual Villapol, homenaxe mínima a tan xeneroso benfeitor cultural, en tempos de analfabetismo maioritario, e de toda carencia, Mais tarde os nosos políticos, exprimindo os miolos, deron co personaxe axeitado para unha rúa focega: Mijael Gorvachov. Pascual Villapol é víctima do esquecemento, para vergoña dun pobo.
Suso Fernández





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



