O Palacio de Cristal en Burela foi o lugar elixido polos socios de Pasada das Cabras para celebrar a súa cea – baile anual á que asistiron medio cento de socios. Durante a mesma fíxose entrega dos premios ‘Cabra Incansable 2013’ como recoñecemento aos sendeiristas con maior número de participacións nas rutas programadas durante o ano que consistiron nunha escultura e un diploma acreditativo. Este ano, os premiados foron Isabel Torrado e Antonio Mogo (1º premio), Mª Carmen Fernández e Miguel González (2º premio) e Mª Ángeles Nogueira (3º premio). A festa, na que destacou o ambiente distendido e o bo humor, prolongouse ata as tres da madrugada coa música de Chis, artista do Valadouro.




















No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.
O evento, organizado por O Arco da Vella coa colaboración do Concello de Barreiros e o CEIP San Miguel, contará coa participación dos grupos ACF Gamelas e Anduriñas de Espasante e O Arco da Vella de San Miguel de Reinante. Antes do festival haberá un pasarrúas con saída desde a Praza do Souto.
No acto acompañará ao autor o filólogo e escritor Ramón Reimunde.



