Celestino García Paz, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza ó Alcalde da Corporación os seguintes ROGOS, ó obxecto de que se subsanen as deficiencias sinaladas coa maior prontitude posible:
Na carretera LU-862 o seu paso polo Barrio da Cruz na parroquia de Covas, hai unha parada de autobús case na entrada da rotonda das Sirenas, concretamente na marxe dereita. Dita parada, moi utilizada por viaxeiros e especialmente polos nenos e nenas que acoden o colexio, atopase sen marquesiña, debido, tal e como sinalan os veciños da zona, que como consecuencia dun temporal de vento quedou danada e tivo que ser retirada polos operarios municipais.
Este feito produciuse haberá uns dous anos, tal e como apuntan os veciños, sen que ata o momento se teña recolocado, o que obriga ós nenos usuarios do transporte escolar a buscar outro lugar xa non so para coller o bus , senón tamén para guarecerse das inclemencias do tempo. por todo isto ROGAMOS ó equipo de Goberno Municipal que se repoña a Marquesina pra dar solución a demanda dos veciños dos Barrios da Cruz, Pereira e Carreira da parroquia de Covas.
No Barrio do Bimbial na parroquia de Magazos, a poucos metros da escola de Xunqueira e fronte ó taller mecánico Autos Vivero, hai un espello de seguridade viaria que está moi deteriorado , o cal impide a correcta visibilidade ós vehículos e provoca inseguridade para os peóns. Sin lugar a dúbidas a súa reposición melloraría a seguridade da circulación viaria e peonil ; por todo elo e trasladando a petición dos veciños desta zona ROGAMOS se proceda a súa necesaria reparación.
Veciños que usan o Parque infantil que esta detrás do Pazo da Misericordia, manifestáronnos, en varias ocasións, a posibilidade de que se poñan dúas porterías de Fútbol 7 e dúas canastras pequenas de baloncesto; este parque municipal utilizado por moitos nenos e nenas está dotado de bancos, balancíns, carrusel e outros elementos, e de bo seguro que se completaría moito máis con esta demanda , por eso ROGAMOS ó equipo de Goberno que proceda a dar solución a esta demanda dos veciños do Barrio da Misericordia.