O Deputado de Xestión Territorial, Manuel Martínez, supervisou este mércores en Riotorto os traballos de mellora na CP 5501, do Marco de Álvare ás Rodrigas, que vén de remontar o organismo provincial logo da súa paralización temporal debido ós problemas económicos da anterior adxudicataria. Martínez subliñou que “cumprimos coa palabra dada, executando unhas actuacións que os cidadáns levan anos demandando e que o Partido Popular, á fronte da Deputación durante 20 anos, nunca realizou. O PP primeiro enganou ós veciños durante anos, prometendo estes traballos, cando non tiña nin terreos nin cartos. Logo bloqueounos outros 2 anos máis, que foi o tempo que a Xunta, tamén do Partido Popular, tardou en resolver as expropiacións legais, previas e imprescindibles para que nós puidésemos inicialas. Cando non atopou máis trabas, incansable por tentar derribar todo o que fai este Goberno Provincial porque prima os seus intereses partidistas ós dos lucenses e lle molesta que nós marquemos a diferencia, voltou a recorrer á mentira e á calumnia que, unha vez máis, desmontamos. Os veciños gañan. En 6 meses, terán acondicionada esta vía”.
Trátase do principal acceso á N-640, que é a estrada que une esta zona da Mariña coa capital luguesa, polo que rexistra 3.000 usurarios diarios ó ser empregada por veciños de Riotorto, A Pontenova e Trabada, principalmente. “Arranxar este vial sempre foi unha prioridade para este Goberno Provincial”, recalcou Martínez neste senso. Por este motivo, explicou, o organismo provincial inviste 1,4 millóns de euros (400.000 euros nas expropiacións e 1 millón de euros nas obras) e arranxa preto de 6 quilómetros (dende o punto quilométrico 0,000 ó 5,800), eliminando curvas, ensanchando o vial ata os 8 metros, aglomerando e sinalizando. O prazo de execución destes traballos é de 6 meses.
Mentiras e bloqueos
“Logo de prometer estas obras durante dúas décadas e non facelas, antes das eleccións municipais do 2007 o Partido Popular aprobou o famoso plan dos 50 millóns de euros, no que incluíu estes traballos. Cando chegamos ó Goberno Provincial, o único que nos atopamos foi un plan sen cartos e sen terreos. O PP voltou a enganar ós veciños”, lembrou o Deputado. Martínez destacou que, “ante esta situación, tivemos que comezar dende cero, poñendo en marcha o proceso de expropiacións que é, por lei, previo e imprescindible ás obras. Conseguimos expropiar o 70% dos terreos. No 2010, remitimos ó Xurado de Expropiacións a documentación necesaria para que este departamento, dependente da Consellería de Infraestruturas, dictaminase o xustiprezo do 30% restante. A Xunta tardou 2 anos en facelo. Bloqueou estas obras outros 2 anos máis”, remarcou.
Problemas económicos da adxudicataria
Conseguidas as 200 fincas necesarias, para as que a institución achegou 400.000 euros, a institución elaborou o proxecto, licitou e adxudicou as melloras, investindo 1 millón de euros. Cando a adxudicataria estaba a levar a cabo as primeiras escavacións e estudando o terreo para fixar a rasante –a altura da vía-, os problemas económicas da contratista obrigaron á paralización temporal das obras. A Deputación tivo entón que resolver o contrato, avaliando en primeiro lugar os traballos levados a cabo pola empresa. A liquidación destas obras resultou cun saldo a favor do organismo provincial de 37.000 euros, que a adxudicataria tivo que devolver á institución. Seguidamente, redactou un novo proxecto, que se adxudicou por 516.000 euros, procedentes da partida de 1 millóns de euros xa designada, é dicir, non se incrementaron os custes.
Calumnias
“Durante todo este proceso, orixinado por problemas alleos á Deputación, o Partido Popular só se adicou a calumniar a este Goberno Provincial e a mentir novamente ós veciños, dicíndolles que non iamos a facer as obras. Deberían pedir desculpas pola súa campaña de difamación e panfletos, polas súas calumnias e mentiras, por non defender os intereses dos lucenses e deste institución. Non é a primeira vez que o fan. Fixérono con estas obras en Riotorto, co Orzamento da Deputación para 2013, que o tentaron boicotear, interpoñendo un recurso contencioso que o xulgado o tumbou ata en dúas ocasións, ou co caso Gazeley, chegando a apoiar a unha multinacional de Dubai, a pesares de que isto supuxese que os lucenses tivésemos que pagar 4 millóns de euros públicos. É hora de que o Partido Popular pida desculpas e que defenda, dunha vez por todas, os intereses dos lucenses e non seus intereses partidas. É cuestión de responsabilidade”, sentenciou o Deputado.






















A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



