A MARIÑA, 06 de decembro de 2013- A voceira do Partido Popular de Mondoñedo, Elena Candia, xunto coa alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, urxiron este venres que a Deputación Provincial de Lugo vale a estrada que transcorre á carón do embalse do río Baos.
A popular Elena Candia explicou que é de imperiosa necesidade realizar este acometido dado a perigosidade que entraña que esta vía estea sen protección á altura do embalse, e máis tratándose dunha estrada con afluencia de tráfico ao permitir a comunicación entre a parroquia mindoniense de Santa María Maior e a laurentina de Santo Tomé.
Candia a maiores matizou que esta reivindicación provén dos veciños que alertaron deste risco e que, polo tanto, a través do Grupo Provincial do Partido Popular será trasladada á Deputación Provincial a través dun rogo na próxima sesión plenaria.
Esta situación de perigosidade estase a dar dende fai máis de tres anos despois de que o organismo provincial realizase acometidos na vía, deixando sen protección a estrada neste punto.
Os populares lembran que dende o Concello de Lourenzá xa se lle solicitará a Deputación de Lugo, en outubro de 2012 e mediante escrito, que levase a cabo a colocación de proteccións; sen obter resposta algunha ata o momento.
Polo tanto, tanto o PP de Mondoñedo como o goberno local de Lourenzá agardan que esta solicitude sexa atendida con urxencia polo organismo provincial que preside José Ramón Gómez Besteiro, dada a responsabilidade que se asenta sobre a Deputación ante posibles accidentes que podan darse no lugar polo feito de non ter valado este punto da estrada.


















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



