XOVE .- A Concellería de Cultura de Xove, da que e responsable e Dolores Meitín, programou unha ampla oferta de actividades para o verán, dirixida a todas as idades. Os veciños de Xove poderán optar,en función da idade a actividades relacionadas con xogos tradicionais, medio-ambiental, manualidades, actividades expresivas, ximnasia de mantemento, aeróbic infantil, fitnes para maiores, e máis. A inscrición para todas estas actividades haberá que realizala no Teléfono 982 59 20 01 ou ben no Despacho do Técnico Municipal de Cultura dende as 8:30 ata as 14:30 horas, de luns a venres. A inscrición para as mesmas é totalmente gratuíta.
NOTA DE PRENSA
ACTIVIDADES DE VERÁN DA CONCELLERÍA DE CULTURA PARA NENOS/AS E XOVES DO CONCELLO
Estes dias está a pique de rematar o Curso Escolar, tanto no Ceip Pedro Caselles como no IES Illa de Sarón, razón pola cal os alumnos/as dos dous Centros van estar plenamente de vacacións. Tendo en conta isto, a Concellería de Cultura preparou un amplo programa de actividades para tódalas idades, dende 3 anos ata 4º de ESO. Pero non só vai haber actividades para este colectivo, dado que dende a Concellería tamén se programaron actividades para maiores de 18 anos e para persoas maiores, especialmente da 3ª idade.
O Programa é o seguinte:
XULLO. (As actividades deste mes comezarán o dia 6):
-Ximnasia de Mantemento para maiores, especialmente persoas da 3ª idade, os luns, mércores e venres de 10:30 a 11:30 horas.
-Aeróbic Infantil, para alumnos/as de 1º a 5º de Primaria os luns e mércores de 11:30 a 12:30 horas.
-Xogos Infantís para nenos/as de Infantil de 3 a 5 anos os martes e xoves de 11:00 a 12:00 horas.
AGOSTO. (As actividades deste mes comezarán o dia 3):
-Ximnasia de Mantemento para maiores, especialmente persoas da 3ª idade, os luns, mércores e venres de 10:30 a 11:30 horas.
-Fitnes para maiores de 18 anos os luns, mércores e venres de 11:30 a 12:30 horas.
-Talleres Recreativos para nenos/as de 5 anos ata 4º de Eso, os cales terán lugar os luns e venres de 12:30 a 13:30 horas. Os talleres son os seguintes:
-3 e 7 de agosto: xogos tradicionais.
-10 e 14 de agosto: medio-ambiental.
-17 e 21 de agosto: manualidades.
-28 agosto: actividades expresivas.
-Xogos Infantís para nenos/as de Infantil de 3 anos a 5º de Primaria os martes e xoves de 11:00 a 12:00 horas.
-Xogos Predeportivos para rapaces de 6º de Primaria a 4º de ESO, os martes e xoves de 12:00 a 13:00 horas.
Taller de Primeiros Auxilios para rapaces/as a partir de 1º de ESO, os mércores de agosto de 12:00 a 13:00 horas.
Tódalas actividades desenvolveranse na nova Aula Multideportiva, agás os Xogos Predeportivos que se farán no Pavillón de Deportes.
A inscrición para todas estas actividades haberá que realizala no Teléfono 982 59 20 01 ou ben no Despacho do Técnico Municipal de Cultura dende as 8:30 ata as 14:30 horas, de luns a venres. A inscrición para as mesmas é totalmente gratuita.





















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



