Ribadeo, 31 de decembro de 2013. O alcalde, Fernando Suárez, considera que 2013 foi un ano razoablemente bo para Ribadeo. Como logros subliña a consecución do financiamento principal para a residencia de maiores e coma materia pendente que a praia de As Catedrais sexa declarada parque natural.
O rexedor sinalou que “neste último día do ano, facendo valoración do que foi, teño sentimentos diferentes. Por unha banda desde o Concello podemos dicir que foi razoablemente ben. Tanto desde o punto de vista económico, porque estamos pagando aos provedores dentro do que marca a lei, que era algo que na historia recente, polo menos desde que eu son concelleiro, isto era algo imposible. E tamén neste ano, a pesar das dificultades, fóronse facendo obras de infraestruturas importantes como a rúa Ramón González, como unha serie de camiños amañados nas parroquias, o remate practicamente do pavillón polideportivo e incluso conseguimos o financiamento principal para facer a residencia de maiores”.
Para Fernando Suárez “isto contrasta coa situación na que se atopa a sociedade, que está moi preocupada pola falta de traballo, polo mal que o está a pasar moita xente. Pero en todo caso teremos que encarar con ilusión este ano que entra, o 2014, no que seguramente teremos lexítimas loitas e acordos coa Xunta de Galicia, traballaremos para que non repercuta na economía das familias a suba de Sogama polo tratamento do lixo, seguiremos traballando por un parque natural para a praia das Catedrais porque entendemos que beneficia a Ribadeo e tamén á Mariña. Pero o 2014 será o ano en que empecemos a construción da residencia de maiores e seguiremos traballando coas mesmas gañas, co mesmo empeño e coa mesma ilusión do primeiro día en que todos os meus compañeiros e máis eu tomamos posesión dos nosos cargos na Corporación”.
O alcalde ribadense quere transmitir “unha mensaxe positiva, como sempre, para todos, para que pasen un bo día de Fin de Ano. E unha mensaxe tamén de ánimo, porque nunca choveu que non escampara. E que teñamos todos un bo e esperanzador ano 2014”.




















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



