Foz, 2 de xaneiro de 2014. A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz repartirá 4.000 euros en vales de compra durante este mes de xaneiro de 2014. Será entre o Sorteo Especial de Nadal e o Campañazo.
Mañá, 3 de xaneiro, terá lugar un sorteo de 1.000 euros en vales de compra entre todas as persoas que ao longo destes dúas realizaron as súas compras de Nadal nos locais asociados que participan nesta campaña e que estiveron a repartir as papeletas que lles darán a opción de poder levar o premio. O sorteo realizarase en Radio Foz a partires das 23 horas. Son: Casa Moreda Muebles, Cenor Belianorte, Centro Dietético Alba Vila, Centro Óptico Eliseo, Darlintonia, Electricidad Núñez, Infotec, Estación de Servicio de Foz, Farmacia Fátima Saa Quintás, Ferretería Fuente, Galerías Ginzo, Ginzo Hombre-Mujer, Kaos, La Flor Abulense, Lencería Esther, Librería Bahía, María Docampo, Ofifoz, Parafarmacia, PI-R Hombre, Saint-Tropez, Suministros Veipa e Viajes Rodríguez.
E tamén mañá, venres, da comezo unha nova edición do Campañazo, que repartirá 3.000 euros en vales de compra nos sorteos que se celebrarán os venres 3, 10, 17, 24 e 31. Cada venres poranse en xogo 300 euros en vales para a persoa que cante o Campañazo e outros 300 para o resto dos cartóns premiados. O primeiro sorteo desta nova edición poderase seguir por Radio Foz mañá, venres, despois das once da noite. Será unha vez que remate o Sorteo Especial de Nadal.
Os locais hostaleiros que participarán no Campañazo son: A Eskina, A Maseira, A Rula, bar A Bolera, bar Acuario, bar O Muelle, bar Oiche, café-bar Llas, cafetería Dallas, cafetería Express, cafetería May-Ros, cafetería Xoyma, cervexería Fina, cervexería Portovello, Fraggle Rock, mesón O Tangarte, Namarinos, Náutico Centro Social, O Chícaro, O Tangarte Mariñeiro, pizzería A Soalta, Pizzería Xoiña, restaurante Costumes do Mar, restaurante Dandy y restaurante O Mar.
E os establecementos comerciais que se darán cita nesta nova edición do Campañazo son: Alain Afflelou, Belianorte, Calzados Pirde, Carnicerías Mercedes, Casa Moreda, centro dietética Alba Vila, Construcciones José Saa, Cortenovo Peluqueros, Darlintonia, Decoraciones Pura, Electricidad Núñez, Estación de Servicio, Estanco nº 2, Farmacia Saa Quintas, Farmacia Ulloa, Ferretería Fuente, Floristería Gardenia, Gestoría Fernández, Ginzo Hombre-Mujer, Joyería Iria Rodríguez, La Flor Abulense, Lencería Esther, Lola Tatino, Mapfre, María Docampo, Ofifoz, Óptica Eliseo, Parfarmacia, Pastelería Amarena, Pastelería Anduriña, Peluquería Ramone, Pescados Os Coyotes, PIR, Suministros Veipa e Viajes Rodríguez.
Por outra banda, o comercio focense abrirá as súas portas para facilitarlles as compras aos seus clientes o 5 de xaneiro.



















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



