O DOG do venres 20 de decembro de 2013 recolle a publicación da REsolución do 29 de novembro de 2013, da Dirección da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de transporte sanitario urxente aéreo.
Esta resolución anuncia a oferta de contratación do servizo de transporte aéreo (helicóptero) para urxencias sanitarias. Neste novo contrato que se oferta estabelécese que o período de servizo será tódolos días do ano, de orto +12 a ocaso -12, mentres que no contrato actual, vixente durante 23 anos que xa ten o servizo, é tódolos días do ano de orto a ocaso. Segundo os nosos cálculos, esta condición supón que o período de servizo de cada helicóptero se verá reducido en 394 horas ao ano.
Isto significa que durante o verán, ás sete da tarde só estará operativo un helicoptero con base en Ourense, o que fai que un accidente ocurrido, por exemplo, na Costa da Morte a partir desa hora ten o recurso medicalizado máis próximo a máis de 35 minutos de voo, cando na actualidade está a uns 12 minutos. No mesmo senso, unha emerxencia ocurrida no Barco de Valdeorras ás 8 da mañá tería o helicóptero sanitario a uns 40 minutos de voo, mentres que na actualidade está a 15 minutos.
Poderiamos enumerar moitas emerxencias atendidas dentro deste tramo horario e que nas condicións deste novo contrato non se poderán atender, cando menos nas condicions idóneas que marcan os “20 minutos de ouro”.
A previsión é que este novo contrato entre en vigor en abril de 2014, e mentres tanto o servizo seguirase rexendo polas condicións do contrato actual.
A CIG-Saúde considera esta medida un novo recorte na asistencia sanitaria a cidadanía, desta volta na atención sanitaria urxente, encadrado dentro da política do Goberno Galego do PP que confunde a eficiencia na xestión dos recursos públicos coa redución dos mesmos.



















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



