O hotel Vila do Val organiza unha cea especial Noite de Reis para o 5 de xaneiro cun menú composto por pementos recheos de bacallau con romanescu, rape en papelote con crema de albariño, solombo de porco ó sal con espello de mostaza e torta de coco con aroma de mandarina. O prezo por comensal é de 23 euros. A directora do hotel Vila do Val, María Hermida, sinala que “tras el descanso de las vacaciones de Navidad que nos hemos tomado, en nuestro restaurante hemos decidido preparar un año más una cena especial para hacer más llevadera la espera de los Magos de Oriente”. O teléfono para reservas é o 982 57 16 53. E, ademais, o hotel Vila do Val tamén ofrece aloxamentos especiais para a Noite de Reis. Hermida explica que “aquellas personas que decidan acercarse a nuestras instalaciones a pasar la noche del 5 de enero disfrutarán de un detalle de bienvenida, chocolate caliente y roscón de reyes casero, y al día siguiente tendrán desayuno buffet y un obsequio de reyes”. O prezo do aloxamento por persona é de 35,50 euros.



















O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



