Acia Burela repartiu, o pasado sábado 28 de decembro, 28 billetes entre parte dos seus asociados que ían marcados cun boneco inocente e que lle daba dereito ó seu posuídor a un regalo directo.
Os posuídores só tiñan que presentarse na caseta do duende (sita xunto á árbore dos desexos na Praza do Concello) para canxealo por un premio. Os agraciados foron: José Neira Pena, Remedios Jorge Gonzalez, Amparo Porto Guillade, Barbara Ainse Rodriguez, Antonia Padrón, Andrea Febrero Jose, Paloma Abad, Inés Díaz, María Remedios Goas Expósito, Francisco Cayón, Miguel Angel López, Carmen Juana Repollo Torres, Nuria Aguirre Perez, Angeles Vilaboa Mateo, Arancha Trobo, Baltasar Setuane Soto, Dulce Lestegas, Idara Lopez, Alba Barcia, Raquel Gonzalez, Manuel Díaz e Manuel Cerqueiro.
Foi “unha maneira divertida de premiar ós clientes de ACIA Burela”. Ademais ese día os locais de hostalería dispoñían de racións de callos a 3 euros.
Rosconada de regalos
Finalmente, esta fin de semana poderase desfrutar do remate final deste nadal en ACIA Burela coa gran rosconada de regalos e o gran escaparate con premios valorados en 3500 euros.
Polo tanto, dende ACIA Burela convidan ós seus clientes a que se acheguen á Praza da Mariña despois da Cabalgata de Reis, a degustar un rico chocolate e unha ración de roscón polo módico precio de 1,50 euros co que poderán gañar máis de 170 premios directos.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



