Foz, 8 de xaneiro de 2014. O alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, resposta ás críticas ao balance do pasado ano 2013 realizadas por Unifoz e PSOE. O rexedor recomenda aos concelleiros de Unifoz que traballen en positivo e deixen de danar a imaxe do municipio e de ir en contra dos intereses dos veciños coas súas falsidades. E ao responsable local socialista, José Ramón Val, acláralle que nos orzamentos da Xunta para este ano hai unha partida de 770.000 euros para a construción do xeriátrico en Foz.
“O grupo de goberno quere denunciar a actitude desleal do partido Unifoz, dos seus concelleiros e concretamente de Xaime Cancio. É vergonzoso ver as súas notas de prensa contra o Concello de Foz, porque este señor intenta desprestixiar ao grupo de goberno pero o que está facendo é prexudicar ao concello con falsidades completas e demostrando unha rabia política insostible. É unha persoa que non está acostumada a estar na oposición e un partido que naceu para ser chave de goberno estase convertendo nunha auténtica cerradura contra os intereses municipais. Estase demostrando que este señor non é capaz de chegar a ningún acordo, iso estao poñendo nervioso e falta o respecto non só ao grupo de goberno senón tamén a todos os veciños de Foz. Está desprestixiando a imaxe de Foz e vai en contra dos intereses de todos os focenses, que ven danada a imaxe do noso concello por unhas declaracións duns concelleiros totalmente desleais”, manifestou Javier Castiñeira.
O alcalde recoméndalle “ao señor Cancio que cambie de actitude, que deixe de mirar os seus intereses persoais, porque é evidente que iso é o que está facendo, e que empece a mirar os intereses de Foz, que pense en positivo, que trate de chegar a acordos, porque aínda está a tempo de ser chave para sacar cousas adiante; e que non siga bloqueando, con ese cadeado que el está poñendo á corporación, os intereses do concello. E dende logo que non faga notas de prensa suicidas, que din claramente que este señor está rabioso e intentando loitar contra os intereses do propio Concello”.
Con respecto as declaracións do socialista José Ramón Val, o rexedor municipal manifestou que “van un pouco no mesmo sentido que as do señor Cancio, pois debeuse de transformar no seu asesor, e teño que dicirlle que traballe un pouco, que mire os orzamentos da Xunta porque na partida do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar hai 770.000 euros dedicados á primeira fase da construción do xeriátrico de Foz. Polo tanto que non diga mentiras, que este señor está asalariado por todos os galegos e ten a obriga de coñecer os orzamentos da Xunta de Galicia”.
Castiñeira engadiu que “en canto ás críticas desleais tratando de manchar a imaxe do noso pobo, non me estraña porque é exactamente a mesma nota de prensa que fixo o señor Cancio, que se volveu agora o asesor do señor Val. A verdade é que xa non nos sorprende porque o señor Cancio meteulle na xunta directiva ao señor Val dous ou tres topos da súa man para manipular o Partido Socialista e xa non nos estraña que agora lle faga as notas de prensa”.
O alcalde de Foz rematou recomendándolle “ao señor Val que mire o seu embigo, que mire como ten ao Partido Socialista totalmente dividido, que mire como os que traizoaron no seu momento ao PSOE agora están manipulando precisamente a directiva do partido. E ademais ten moi pouco criterio para falar do concello de Foz porque este señor foise da corporación para buscar un futuro particular moito mellor. Polo tanto, señor Val: dedíquese a traballar un pouco, mire os orzamentos da Xunta, asesórese un pouco mellor e despois fale o que queira pero con certo criterio”.




















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



