A Mariña, 10 de xaneiro de 2014. O BNG mariñao non se da por satisfeito coas explicacións ofrecidas polo SERGAS ante a falta de material e menciñas de uso común nos centros de saúde e Hospital da Costa dos últimos días. Os nacionalistas botan en cara aos responsábeis do SERGAS unha evidente carencia de materias de uso cotiá nos centros de saúde, aos que se lles escatiman material tan básico como son os apósitos. Acusan á xerencia provincial de falta de coordinación e descoñecemento das necesidades das infraestruturas sanitarias da comarca, á que tratan como unha simple sucursal do HULA, deteriorando conscientemente a calidade asistencial na Mariña coa complicidade e beneplácito dos dirixentes comarcais do PP.
OS RECORTES DO SERGAS DETERIORAN A CALIDADE ASISTENCIAL NOS CENTROS DE SAÚDE DA MARIÑA CO BENEPLÁCITO DOS DIRIXENTES DO PP NA COMARCA
Os recortes no financiamento sanitario público aplicado polo Partido Popular dende o goberno galego degradan a calidade asistencial nos centros de saúde da comarca dende fai moito tempo. O BNG denunciou que os centros de saúde sofren especialmente esta situación con carencias de material tan básico como os apósitos para as curas. “Poñen o exemplo dalgún centro de saúde que recibe material deste tipo a día 10 de mes e a día 20 xa esgotan existencias que non se repoñen ate o 10 do mes seguinte”. Con este exemplo botan en cara ao SERGAS unha situación de auténtico estrangulamento da asistencia sanitaria prexudicando en primeiro lugar aos usuarios e en segundo aos profesionais. Os nacionalistas “consideran inaceptábel que material sanitario básico non chegue a cubrir as necesidades asistenciais de 15 días ao mes, polo que demandan solucións inmediatas e respostas dos dirixentes do Partido Popular da Mariña que observa impasíbel o deterioro do sistema.”
O DECRETO DE XESTIÓN INTEGRADA DEGRADA A CALIDADE ASISTENCIAL NA COMARCA COA COMPLICIDADE DOS DIRIXENTES COMARCAIS DO PARTIDO POPULAR
Ao BNG non lle parecen satisfactorias as explicacións ofrecidas polo SERGAS sobre a falta de medicamentos de uso cotiá e común no Hospital da Costa os últimos días. “É evidente que existiu falta de previsión e coordinación tendo en conta que a propia dirección hospitalaria recoñece problemas de distribución coñecidos con anterioridade, tanto é así que a dirección pediu a responsables de área en Burela a paralización das demandas de determinados produtos farmacéuticos dende o día 20 de decembro.”
Os nacionalistas acusan á Xerencia de Atención Integrada de descoñecer as necesidades do Hospital da Costa e dos centros de saúde da comarca, e si as coñece non as atende poñendo por diante as necesidades do HULA sobre a asistencia sanitaria da nosa comarca, á que tratan como unha simple sucursal de Lugo.
Os dirixentes comarcais do PP son cómplices da situación por acción ou omisión.
O BNG reclama explicacións claras sobre a situación xerada nos últimos días no Hospital da Costa da que fai responsábeis aos dirixentes do SERGAS en Burela, Lugo e Compostela. Así mesmo, acusa aos dirixentes do Partido Popular na comarca de “cómplices necesarios do deterioro da sanidade na Mariña por ser os avalistas dun Decreto de Xestión Integrada aprobado o pasado ano que de momento non trouxo ningún beneficio á sanidade pública mariñá”, polo que os acusa de mentir e enganar á comarca ao apoiar por acción ou omisión o deterioro da asistencia sanitaria na comarca.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



