Fai uns meses denunciamos dende o PSdeG-PSOE de Burela o uso dos cargos que fai o equipo de “desgoberno” de Burela para o seu aproveitamento persoal sen importarlles para nada o interese xeral de todos os veciños e veciñas de Burela. Falamos da única obra de certa entidade que o Concelleiro de Obras o Sr. Fernández Valle ten feito nestes case tres anos, por certo grazas á Deputación Provincial: o asfaltado da rúa onde está situado o seu flamante chalet.
Daquela o Sr Fernández Valle, alentado polo alcalde de Burela Sr. Barcia, incluso chegou a insinuar que ían a poñer unha demanda a dous membros desta agrupación por facer tal denuncia, denuncia que non chegou a materializarse. Con esta actitude, demostraban claramente que a crítica que facíamos non lles sentou nada ben e a reacción foi máis propia dun neno de dous anos ó que non lle dan a galleta cando lle apetece. Como dicimos esa demanda nunca chegou a presentarse xa que sabían de sobra que non tiña ningún tipo de percorrido e que lles podería saír ben cara nun xulgado.
Pensabamos que aprenderan daquela a non usar os cargos para beneficiarse deles, pero como sempre dicimos, este equipo de “desgoberno” nunca deixa de sorprendernos, e ó Sr. Fernández Valle non lle chegou o feito de que lle asfaltaran o acceso ó seu chalet, senón que agora restrinxe ós residentes o uso dunha rúa feita con cartos de todos os veciños e veciñas de Burela e restrinxe, constátase que o que tanto lles gusta ós xefes do Partido Popular en Madrid se traslada ás vilas e pobos, privatizan ata as rúas polas que andamos. Puxeron esa rúa como de uso exclusivo para os residentes da zona, ó estilo da Moraleja en Madrid pero sen gardas de seguridade privada. Isto parécenos unha tomadura de pelo a todos os veciños e veciñas de Burela, e demostra ben ás claras que intencións son as do citado personaxe no exercicio das súas responsabilidades. Que lle quede claro ó Sr. Fernández Valle que en canto collamos o goberno de Burela a primeira medida que se tomará é a de permitir que todos os veciños e veciñas poidan disfrutar das súas rúas sen ningún tipo de restrición clasista.
Calquera veciño de Burela se pode dar unha volta polo pobo e ver o estado de deixadez que presentan as rúas e as beirarrúas. Non fai falla máis que darse unha volta pola Rúa do Río para ver o seu estado, ou pola Avenida da Mariña outra das rúas que están cheas de fochancas, ou pasar pola Rúa Castelao e observar como temos un cacho de beirarrúa desfeito dende fai máis de oito meses e non se fixo absolutamente nada por arranxalo, pasar polo campo de fútbol da Marosa e ver como dende fai máis de sete meses hai un muro tirado sen arranxar. Poderíamos poñer centos de exemplos da deixadez que se mostra dende o equipo de “desgoberno” na imaxe do pobo, que pon en perigo a condutores e peóns sen que se faga nada por arranxalos. Todo canto se vai arranxando é a raíz das denuncias que nós estamos a facer, este é un goberno que vai a remolque da oposición e dos veciños. Imos ver si esta denuncia lles sirve de empurrón e se poñen mans ás obras e solucionan estes temas que consideramos moi urxentes e importantes pola imaxe do pobo e pola seguridade dos veciños e das veciñas de Burela.


















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



