O Burela Pescados Rubén desprázase a Palma de Mallorca para xogar a vixésima xornada da Primeira División LNFS ante o Hospital Llevant Manacor. O duelo ante os baleares dispútase no Palma Arena de Mallorca o venres 17, ás 20.30 horas. A escadra galega busca prolongar o seu bo inicio en 2014 coa súa terceira vitoria consecutiva para continuar a súa escalada na clasificación, actualmente é sétimo con 25 puntos. En fronte terá a un conxunto que destaca principalmente “pola boa presión que realizan en zona adiantada coa que xeran moitos contragolpes perigosos” advertiu o técnico burelés, Juanlu Alonso. Malia a súa posición na táboa, penúltimos con 15 puntos, os manacorís son un equipo moi correoso “teñen o selo do seu técnico, Tomás de Dios. Son tremendamente competitivos e teñen un quinteto forte. O seu punto débil é que a rotación é un pouco xusta e, ás veces, os partidos fánselles demasiado longos”.
Na segunda volta o Burela Pescados Rubén sumou 9 puntos, polos 4 contabilizados na primeira antes do duelo cos baleares que en Vista Alegre saíron derrotados por 7-6, nun encontro trepidente e con alternativas no xogo e o marcador. No Palma Arena os bureleses xogarán por sumar “un novo triunfo para aumentar a nosa dinámica positiva e seguir reforzando a confianza do grupo”. O equipo mariñao non contará para este partido con Hugo, debido a unha lesión no xeonllo dereito pendente de diágnóstico definitivo. Tamén é dúbida a participación de Álex e Juanma, ambos por un proceso gripal. Malia iso Juanlu indicou que “non podemos lamentarnos por nada, son circunstancias habituais que pasan durante a tempada e confiamos en todo o persoal. Simplemente esperar que a lesión de Hugo sexa de escasa gravidade”.
CONVOCATORIA
Burela Pescados Rubén: Edu, Isi, Christian, Antoñito, Burrito, Matamoros, Álex, Mimi, Carlitos, Iago Míguez e Juanma. É baixa Hugo por lesión no xeonllo dereito.






















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
