Foz, 16 de xaneiro de 2014. A biblioteca pública municipal de Foz entregou este mércores á tarde no salón de actos da Casa de Cultura os premios do Certame de Poesía de Nadal 2013 e do XII Concurso de Postais Nadal 2013, nos que participaron numerosos alumnos/as de todos os colexios do municipio. Ao acto asistiu o concelleiro de Cultura, Ánxel Paleo, quen deu as grazas aos centros participantes polo seu interese demostrado para este tipo de actividades e que en varios anos consecutivos xa tiveron tamén premio na fase provincial do certame.
A relación de premiados no certame de poesía é a seguinte:
CATEGORÍA A
Miguel Río Gavín – 7 anos
Helena Celada Villarmea – 7 anos
Alba Castiñeira Barrera – 8 anos.
CATEGORÍA B
Lucía Rodríguez Lanza – 9 anos
Juan Lestegás Soto – 11 anos
Alex Pedreira Blanco – 11 anos
E no XII Concurso de Postais Nadal 2013 os premiados foron:
1º premio categoría infantil A – Bruno Rodríguez Docobo (7 anos)
2º premio categoría infantil A – Carmela Alonso Cuadrado (4 anos)
1º premio categoría infantil B – Daniel Alonso Mojardín (10 anos)
2º premio categoría infantil B – Vania Barral Cuello (10 anos)
1º premio categoría xuvenil – María Femenías Hermida (12 anos)
2º premio categoría xuvenil – Iñaki Burundarena Seco
Accesit especial: Ovidio Yañez López da Asociación de Discapacitados Virxe do Carme
De entre os gañadores a postal elixida para representar ao Concello de Foz na súa felicitación institucional, foi a de Bruno Rodríguez Docobo, do Colexio Público Nº 1.
E o premio especial ao colexio foi para o colexio público Número 1.





















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



