O Colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA vén de celebrar a súa primeira asamblea onde, ademais de avaliar a actividade desenvolvida, elixiu ás persoas que farán parte da primeira xunta directiva da asociación.
A asamblea extraordinaria tivo lugar no local social do colectivo, na rúa Irmáns Vilar Ponte, 40, de Viveiro, onde tamén se organizarán actividades que serán publicitadas no blog do colectivo ( http://pensamentoesementeira.blogspot.com) e nos medios de comunicación.
Na asamblea extraordinaria elixiuse a primeira Xunta Directiva encabezada por Francisco Luís Rodríguez, como presidente; María do Mar Chaves, como vicepresidenta; Xosé. A. Goás, secretario; e Ana Mejuto Esmorís e Xulia Canoura Díaz, como vogais.
O colectivo viveirés constituido no mes de abril de 2013 e rexido até agora por unha xunta xestora, nace co apoio de cuarenta asociados. Os asistentes á reunión agradeceron a colaboración dos que, desinteresadamente, fixeron posíbel a intensa actividade desenvolvida nestes primeiros nove meses, con 16 actos públicos polos que pasaron máis de mil persoas. Toda esta actividade foi realizada sen contar con ningún tipo de subvención e soportada polas cuotas das asociadas.
Ademais de programar a actividade para o 2014, o colectivo acordou constituir un cineclub e solicitar a integración na Federación de Cineclubes de Galiza, labor da que se vai encargar unha comisión da que fan parte os asociados, Abella Albo, Xosé M. Cociña e Francisco Rodríguez.




















O Pazo de San Marcos acolleu a conferencia final, de Manuel Andrade Baliño, e a entrega de premios ás alumnas e alumnos que obtiveron mellores valoracións nas probas que realizaron, o xoves, individuais, na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, e o venres, por equipos, en Mondoñedo. A final do certame, cunha axenda complentaria que achegou ás rapazas e rapaces ao patrimonio e á cultura, celebrouse por primeira vez en Lugo da man da Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas (Agapema) e coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Dentro desta programación, o martes 30 de xuño ás 11:00 celebrarase na Casa da Cultura unha charla divulgativa impartida pola astrofísica Lucía González Cuesta, aberta a toda a veciñanza. A iniciativa enmárcase no programa provincial que busca ofrecer información rigorosa e garantir unha observación segura. Durante a xornada repartiranse folletos e gafas homologadas. A alcaldesa, Marta Rouco, destaca o carácter histórico do eclipse e anima a participar para vivilo con seguridade. O Concello lembra que só deben empregarse gafas específicas para mirar ao sol e continuará colaborando en actividades divulgativas e sociais arredor deste acontecemento único.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.



