Cómpre comezar insistindo en que desde o Partido Popular nunca estaremos en contra da posta en marcha de novos servizos, e que entendemos positivo calquera iniciativa que poida promoverse con este fin. O que cuestionamos, rexeitamos e non podemos compartir, é que se intente enganar á xente, como pretendeu facer nas pasadas datas o presidente da Deputación.
¿Como é posible que José Ramón Gómez Besteiro asegure sen rubor que a do Valadouro será a primeira escola pública de Galicia en horticultura ecolóxica? ¿Cómo pode facerse unha afirmación desas características cando, aquí na Mariña, a escasos 40 km está a escola autonómica Pedro Murias de Ribadeo, que leva anos impartindo formación oficial, acreditada e gratuíta, neste e noutros ámbitos do espazo agrogandeiro? ¿Cómo é posible que Besteiro descoñeza deste xeito, unha parte esencial da súa provincia?
Desde o Partido Popular non nos cansaremos en denunciar a actitude dos actuais responsables da Deputación de Lugo sempre que persistan en actuar con sectarismo político e de costas á realidade. O bipartito provincial promove iniciativas sen falar co sector, sen consultalo, sen escoitalo. Tampouco quere sumar esforzos coa Xunta para, froito destes contactos impulsar iniciativas que permitan priorizar o gasto público naqueles ámbitos que precisan un maior apoio. Sobre todo en tempos de crise, cada euro público gastado, ten que facerse no verdadeiramente importante. E para definilo, hai que ter vontade de diálogo e consulta cos profesionais do ámbito que se trate.
A Deputación de Lugo non está comportándose así. Ademais de desprezar calquera proposta de coordinación, se sitúa nunha posición de confrontación constante co resto das administracións. Para os populares resulta rechamante que precisamente Besteiro fale dos axustes da Xunta, cando -e ás probas nos remitimos- se hoxe existe unha administración que recortou foi a Deputación de Lugo. Exemplos témolos a multitude repasando os orzamentos: Recortan ata un 21% en investimentos reais, recortan ata un 53% en transferencias de capital a concellos, recortan máis de 350.000 en transferencias correntes e de capital na área de Cultura. recortan máis de 380.000 en transferencias correntes e de capital na área de Deportes, recortan máis de 107.000 en transferencias correntes en Turismo, recortan máis dun 41% en Igualdade ou máis do 45% noutras actuacións en agricultura, gandería e pesca e, e ata un 14% en no ámbito da Mocidade.
Besteiro descoñece á Mariña lucense e vive de costas á realidade. Dous feitos, constatados, especialmente graves para que ten a responsabilidade de presidir a Deputación de Lugo.
Jose Manuel Balseiro Orol.



















A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



