Lugo, 21 de xaneiro de 2014. O delegado de Cultura e Turismo da Deputación, o nacionalista Mario Outeiro, presentou este martes a IV Copa Deputación de Atletismo, acompañado do delegado técnico da Federación Galega de Atletismo en Lugo, Pablo Gandoy. O torneo disputarase en cinco xornadas diferentes, comezando esta fin de semana, o domingo 16 de febreiro, o 22 de febreiro, o 2 de marzo, o 24 de maio e 1 de xuño e está aberto á participación de calquera atleta galego individual federado, atletas de clubs pertencentes a Galiza, atletas con ficha da Federación Galega de Atletismo pero pertencentes a clubs doutras partes do Estado, e atletas non galegos ou estranxeiros convidados expresamente pola FGA.
A primeira xornada que terá lugar este sábado 25 de xaneiro combinará probas de exteriores e de interior no módulo cuberto de atletismo, que tal e como sinalou o delegado Mario Outeiro foi construído co financiamento íntegro da Área de Deporte da Deputación de Lugo xa que era unha infraestrutura moi demandada na cidade. Mario Outeiro tamén sinalou a importancia da organización desta competición que permite “a participación de cada vez máis atletas, e sobre todo femininas, que superan xa en número aos participantes masculinos”.
A seguinte xornada, o día 16 de febreiro, estará enmarcada dentro dunha fin de semana atlética que ademais da xornada de Copa Deputación terá tamén unha proba do campionato galego de lanzamentos longos, no que se agarda a participación de atletas de renome en Galiza como Víctor Gallego, e no Estado, olímpicos como Frank Casañas.
O 22 de febreiro será a quenda das categorías menores, benxamín, alevín e infantil, que este ano se inclúen por primeira vez e participarán no módulo cuberto, para continuar o 2 de marzo coa 3ª xornada tamén no módulo cuberto e rematar coa 4ª e 5ª xornadas da IV Copa Deputación de Lugo de Atletismo ao aire libre nas pistas do Gregorio Rivera os días 24 de maio e 1 de xuño.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
