Un día espértas nun país que cheira ata peor que antonte, rodeado de xente extraña. Persoas que din que hai que temer ao fundamentalismo islamista pero que non dubidan en meter unha Biblia na vaxina das suas mulleres coa nova Lei do Aborto.
Homes e mulleres que votarán a reforma e que logo quizais non dubidarán en enviar ás súas fillas a abortar ao estranxeiro. E esas fillas que abortarán fillos non desexados porque teñen os medios para facelo estarán logo a favor da “defensa da vida”.
A hipocresía peninsular de sempre. Xente de misa de domingo que se xunta na Praza de Colón de Madrid para celebrar a familia e reciben a mensaxe do Papa “progresista” (resulta que se pode ser Papa e progresista) inspirándolles na súa “loita”. Unha “batalla” pola vida que recibiu a bendición de Lle Pen, por exemplo. Poden estar orgullosos.
Oxalá a maldade fose causa de aborto en este pais de charanga e pandereta porque entón Gallardón e outros moitos como el non nacerían. A Gallardón chamábanlle moderado. Ao Papa Francisco chámanlle progresista. A Franco outro xeneral da sua ralea decialle “A Paca culona” a outros por as Rias Baixas lles decian “A Trotona”. E a tod@s os demais chámannos imbéciles.
Otero Regal.