XOVE .- O Concello de Xove, a través da Concellería de Xuventude e da OMIX, acaba de por en marcha o PROGRAMA “VERÁN XUVENTUDE 2009” con multitude de actividades que se van desenvolver durante os meses estivais de xullo e agosto, e no que se pretende que participen persoas de tódalas idades.
As actividades programadas, son as seguintes:
MES DE XULLO
-Día 11: VISITA AO AQUAPARQ DE CERCEDA, para persoas de 14 a 35 anos. A hora de saída será as 9:00 horas.
-Día 16, ás 18:00 horas: OBRADOIRO QUÉROME, para mulleres maiores de 18 anos.
-Día 19: PAINTBALL para persoas de 18 a 35 anos. A hora de saída para esta actividade será as 10:30 h.
-Día 21: PAINTABLL para persoas menores de 18 anos. A hora de saída para esta actividade será ás 16:00 h.
Ata o día 6 de xullo estará aberto o prazo para preinscribirse a estas actividades.
Ademáis destas actividades, a Aula de Informática da Omix organizará durante o mes de xullo dous curso, un de Iniciación á Informática (para nenos/as de 7 a 9 anos) e un Curso Multimedia (para nenos/as de 10 a 12 anos). A inscrición para estes dous cursos estará aberta ata o 27 de xuño.
MES DE AGOSTO
-Do 3 ao 4: CAMPAMENTO URBÁN, para rapaces/as de 13 a 18 anos.
-Día 8: SENDEIRISMO E TRAVESÍA RIO LANDRO, para rapaces/as de 18 a 35 anos. Esta actividade ten as 17:00 h. como hora de saída.
-Día 9 ás 15:30 h.: PROXECTO “ENCONTROS” (“A MALLA”), para rapaces/as de 13 a 18 anos.
-Día 27: este día vai celebrarse o DÍA DA XUVENTUDE con dúas actividades principais:
-Ás 11:00 horas: OBRADOIRO DE MALABARES na OMIX, para rapaces/as a partires de 9 anos.
-Ás 17:00 horas: XOGOS CELTAS, para tódolos públicos.
A preinscrición para estas actividades de agosto estará aberta ata o 27 de xullo.
Por último, sinalar que as PRAZAS SON LIMITADAS para todas estas actividades de xullo e agosto.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



