Cervo, 10 de febreiro de 2014- A Concellería de Xuventude, que dirixe Yolanda Pedreira, convoca o II Certame de cartas e poesías de amor na rede, que nesta edición titúlase “Un Facebook de Amor”. Para participar só é necesario escribir unha declaración de amor, orixinal e con sentimento, pensada para ser publicada nesta rede social. De feito, as palabras gañadoras faranse públicas a través da páxina de Facebook do Concello, ademais do resto de redes. As bases para participar poderanse recoller na Casa da Cultura a partir deste venres, día 14 de febreiro.
Este certame ponse en marcha por segunda vez no Concello de Cervo, aínda que é a primeira que se vincula coa rede social Facebook, xa que na anterior edición levaba por título “Amor en Twitter”. Naquel caso os requisitos da declaración seguían o límite de 140 caracteres como máximo imposto por esta rede.
Nesta ocasión, o espazo permite máis liberdade aos autores, podendo expresar os sentimentos á súa maneira, pero sen superar un folio en A4 de extensión. Os traballos poderanse presentar na Casa da Cultura ou no Concello ata o día 28 de febreiro, e o fallo do xurado darase a coñecer no mes de marzo.
Ao mesmo tempo, haberá premios en dúas categorías, de 14 a 17 anos; e de 18 en diante. Establécese un primeiro premio en cada categoría que consistirá nunha cea para dúas persoas nun local hostaleiro do municipio.






















A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



