No número 38 da rúa San Francisco, de Ribadeo, acaba de inaugurarse o bar restaurante O Encontro, que ofrece unha ampla variedade de tapas e racións, ademais de menú do día e comida para levar. Na extensa carta do restaurante O Encontro hai pl¡ratos coma o revolto de morcilla e piñóns, escalopines de foie, polbo en varias preparacións e diversas carnes. Tamén ofrece pratos combinados, almorzos, café para levar, etcétera. Todo iso dende as oito da mañá, que é a hora de apertura do establecemento. O Encontro celebrou San Valentín cun menú especial, que tivo moita aceptación, e está preparando unhas xornadas gastronómicas dedicadas ó Antroido.
O Bar Restaurante O Encontro amplía a oferta hostaleira de Ribadeo
O Bar Restaurante O Encontro amplía a oferta hostaleira de Ribadeo
Relacionado
-
A Ponte de Arante celebra esta fin de semana a Romaxe das Cruces, festa de interese turístico galego
-
Para celebrar o Día das Letras Galegas, foi inaugurado este venres o primeiro Buzón de Intercambio de Lectura do Concello de Burela
-
IX Reunión de Primavera da SGPF – Pasado, presente e futuro do asesoramento agrario en Ribadeo