O restaurante O Cabazo, de Ribadeo, organiza unhas xornadas gastronómicas dedicadas ó lacón e ós grelos dende este venres ata o xoves 27 deste mes. A continuación, do 28 de febreiro ó 4 de marzo, dedicará 5 días ó cocido tradicional. Os participantes das primeiras xornadas poderán elixir entre 4 primeiros pratos: croquetas de lacón con grelos; revolto de lacón curado, grelos e gambas; pastel de lacón con grelos e puré de pataca ou crema de caldo galego (grelos e lacón) con picatostes. E de segundo haberá tres opcións: lacón con grelos, lacón asado ó forno ou lacón á prancha. Tamén se poderá escoller entre tres sobremesas: leite frita, arroz con leite ou chulas en leite con reducción de canela. Ademais o menú especial para estas xornadas inclúe viños branco e tinto da denominación de orixe Valdeorras, auga mineral, café e licores da terra. O prezo por persona é de 18 euros. As reservas de mesa poden realizarse no propio hotel restaurante O Cabazo, que está na rúa Río do Amalló, número 1, de Ribadeo, ou chamando ó teléfono 982 128 517. Despois, entre o 28 de febeiro e o 4 de marzo acollerá as xornadas do Antroido nas que se poderá degustar o exquisito cocido tradicional preparado nos fogóns da súa cociña.






















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



