Emocionante vitoria do Burela Pescados Rubén ante o Universidade de Alacante (4-3) nun partido moi disputado e equilibrado que Peque decantou no tramo final. O triunfo laranxa permítelle á escuadra de Quico Otero manter o ronsel do líder, Atlético de Madrid, que goleou ao Soto do Real (12-3).
O encontro disputado en Vista Alegre resultou igualado con momentos favorables para ambos conxuntos sendo o Burela Pescados Rubén o que comezou mellor o choque. Durante o dominio inicial das burelesas lograron unha renda de 2-0 con goles de Bea Mateos, tras disparo desde a frontal, e Peque culminando unha rápida transición, minuto 9 de partido. Intentaron crear maior perigo as alicantinas pero o Burela anuló a súa reacción e chegouse ao descanso co 2-0.
No segundo acto, chegou a mellor fase para o Universidade de Alacante que sorpredeu ao Burela e logrou empatar (2-2) no minuto 27. O intercambio de golpes foi en aumento e nunha boa xogada Lidia lograba o 3-2, cun potente disparo no minuto 32. Non tardou en chegar a resposta levantina para empatar, outra vez, o duelo sendo Mónica a protagonista. Sen tregua ambas escuadras apuraban as súas opcións de vitoria e a balanza inclinouse do bando local co 4-3 conseguido por Peque, minuto 38, selando un importante triunfo na loita pola Liga.
Ficha técnica
Burela FS Pescados Rubén: Jozi, Peque, Bea Mateos, Claudia, Lidia -cinco inicial- Daniela, Lara.
Universidade de Alacant: Toñi, Txitxo, Andrea, Amelia, Sareta –cinco inicial- Pao, Andrea, Mónica.
Goles: 1-0, m.6, Bea Mateos; 2-0, m.9, Peque; 2-1, m.21, Sareta; 2-2, m.27, Andrea; 3-2, m. 32, Lidia; 3-3, m.35, Mónica; 4-3, m.38, Peque.
Árbitros: Cubero Díaz, Zarza Sánchez. Asturias. Amosaron cartón amarelo a Pao, m.22, do Universidad de Alicante.
Incidencias: Partido correspondente á xornada 19 da Primeira División. Pavillón Vista Alegre de Burela, 500 espectadores.
*Fotografía: A Caixa Escura Produccións.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
