Burela, 24 de febreiro de 2014. Ata o vindeiro 21 de marzo estará aberto o prazo de renovación e de preinscrición na escola infantil A Galiña azul para o curso 2014/15, segundo informa a Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade.
Diana Durán sinala que “para entregar a documentación é preciso pedir cita previa no teléfono da escola infantil: 982 58 12 28”. A lista provisional publicarase o 2 de maio. As reclamacións poderanse presentar do 3 ao 12 dese mes, a lista definitiva publicarase o 27 de maio e a matrícula do curso formalizarse do 28 de maio ao 10 xuño. A data de inicio do curso está prevista para o 4 de setembro.
A edil popular explica que “quen así o desexe poderá consultar a resolución da Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar onde se anuncio o prazo de reserva da praza, preinscrición de novo ingreso e matrícula para o curso 2014/15 no taboleiro de anuncios do Concello de Burela ou na propia escola infantil así coma os anexos para cubrir os datos e onde aparece a documentación necesaria a entregar e o novo baremo, entre outros. Tamén se poderá consultar na seguinte páxina web: www.igualdadebenestar.org”.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



