O pasado domingo celebrouse a asembleia anual da Asociación para a Cooperación con Cabo Verde-ACCVE, na Casa do Mar de Burela, onde se informou sobre o andamento dos proxectos que se están desenvolvendo no arquipélago africano e se renovou a súa Xunta Directiva.
Entre os diversos asuntos tratados, destaca a preocupación das socias e socios pola situación das comunidades inmigrantes en Burela, onde se percibe un deterioro da súa situación no contexto de crise actual, que ten levado a moitas persoas estranxeiras ao desemprego e nalgúns casos a unha situación de irregularidade sobrevenida tras anos de residencia na localidade. Tamén preocupa a situación escolar da chamada segunda xeración, marcada polo fracaso escolar e o reforzo do modelo de separación nos anos recentes. Considérase que estas problemáticas non están atopando respostas axeitadas dende as administracións, que continuan defendendo a idea de que Burela constitúe un modelo de integración, sen preocuparse por abrir novas vías de intervención que den resposta aos novos problemas.
ACCVE solidarízase con Conrado Semedo, nacido en Bembibre (León) fai 33 anos de pai e nai caboverdianos, que se encontra no Centro de Internamento de Estranxeiros (CIE) de Madrid, á espera de ser deportado a Cabo Verde, despois de ter cumplido unha condena de tres anos de prisión por un delito menor. Conrado, que ten familia entre a comunidade caboverdiana da Mariña, non ten a nacionalidade española a pesar de ter nacido en territorio español. Mentres se encontraba en prisión, o seu permiso de residencia caducou, sen que lle fose permitido á súa nai renovalo, ficando en situación irregular. No día en que rematou a súa pena, foi conducido directamente pola policía ao CIE de Madrid, dende onde o venres pasado tentaron deportalo, sen conseguilo.
A súa familia e amig@s emprenderon unha campaña de asinaturas en change.org para tentar deter a expatriación, que está a ser apoiada por numerosas persoas e colectivos (entre eles, a Campaña Estatal por el cierre de los centros de Internamiento de Estranjeros e SOS Racismo) e está a ter un amplo eco mediático.










Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



