A MARIÑA, 28 DE FEBREIRO.- O deputado autonómico e voceiro de Pesca no Parlamento de Galicia –José Ramón Val Alonso- considera que secretario da Cámara galega –José Manuel Balseiro- “se preocupa por todo e non soluciona nada”. Deste xeito, o socialista resposta ás declaracións do político do PP sobre a petición realizada polo PSOE á Xunta de Galicia de emprender acción inmediatas que garantan a seguridade e os empregos da mina de caolín mariñana.
Neste senso, lamenta que o Tenente Alcalde de Cervo teña “tanta desfachatez política”, pois dende hai meses coñece, da man dos integrantes da Comunidade de Montes de Vilaestrofe, a preocupación dos veciños e, non foi ata hai uns días, cando se interesou polo problema.
“O Sr. Balseiro o que ten que facer é explicar é por que permaneceu calado tanto tempo, por que sendo o Tenente Alcalde de Cervo non moveu ficha cando tiña que facelo. Estamos a falar de que está en xogo a seguridade dos veciños e dos traballadores, polo que a parodia que está a facer é un insulto a todos os mariñanos”, destaca.
Asimesmo, asegura que, ante a insinuación de que “non teño interese polos asuntos da Mariña é algo lamentable, xa que el mesmo, o Sr. Balseiro, quedou en evidencia esta mesma semana no Parlamento ó tumbar a nosa proposta sobre os danos dos temporais”. A este respecto, engade: “esta é preocupación do Sr. Balseiro, a mesma que manifestou con Sargadelos, a mesma coa que actúa ante o desmantelamento do Hospital, a mesma que ten ante as cifras do paro que non se lembran dende nunca…. Poderá seguir manipulando a información, pero as mentiras en política teñen as patas moi cortas”.
“Un insulto ás 2.000 familias que viven da pesca”
Deste xeito, e ante as declaracións sobre as súas funcións como voceiro de Pesca, considera que as palabras do secretario do Parlamento “son un insulto ás 2.000 familias que viven da pesca na Mariña, pois non hai máis que ver a política da Xunta con respecto á fixación de cotas e descartes; á redución orzamentaria aplicada que, só no programa de competitividade e mellora das industrias pesqueiras, ascende ó 50%, pasando de 85 millóns de euros en 2013 a 45 millóns en 2014; e o afán privatizador do Executivo de Feijóo nas políticas de salvamento marítimo, manifestado na venda dos helicópteros de titularidade autonómica a unha entidade privada a prezo de saldo, e coa aprobación do decreto 130/12 de 31 de maio, a través do que se establecen os prezos polo servizo de salvamento, onde non se exime de pagar ós profesionais do mar en caso de teren que ser rescatados”.
Os socialistas serán “a voz” dos veciños e profesionais da mina
Tal e como fixo público, no día de onte, o Grupo Parlamentario Socialista vén de rexistrar na Cámara galega varias iniciativas, a través das que instarán á Xunta de Galicia a promover, con carácter urxente, accións que garantan a seguridade dos veciños e dos traballadores da mina de caolín, situada entre os municipios de Cervo e Burela e, do mesmo xeito, compatibilizar o desenvolvemento da actividade empresarial, garantindo os empregos existentes.
Recentemente, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria decidiu suspender a actividade da mina, debido á aparición dunha fenda que, segundo este organismo, pode ameazar a estabilidade do terreo, e mesmo comprometer a seguridade das persoas. Proba delo, é que existe un informe elaborado polo departamento autonómico, no que se recoñece a existencia dun deslizamento do terreo que, nalgúns puntos, pode chegar aos 8-10 metros de profundidade, 250 metros de longo e uns 10-15 de ancho.
Tendo en conta o documento realizado polos técnicos da administración galega, reitera Val, é obriga da Xunta dar unha solución que permita atallar o problema para que a empresa poida reanudar as obras, ó tempo que se garanta a integridade dos 30 profesionais que traballan nesta canteira.






















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



