Este domingo 16 de marzo deu comezo a tempada-2014 de Sendeirismo da ACD Xove. Esta primeira ruta foi pola Costa de Ribadeo, con saída no Cargadoiro da Mina en Ribadeo (o lado da Ponte dos Santos), para seguir por toda a Costa de Ribadeo, e chegada a Praia das Catedrais. Participaron un total de 55 Sendeiristas, nunha xornada de sol, e moi agradable para camiñar. A comida fíxose nas inmediacions do pobo de Rinlo, para logo tomar un café polos bares da localidade. Chegada as Catedrais sobre as 17.30 horas despois de camiñar 20 km. de espectacular ruta.























No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



