Cervo, 22 de marzo de 2014- Unhas 800 palilleiras elaborarán encaixe en vivo e de forma simultánea no XI Encontro de Palilleiras que se celebra o sábado día 5 de abril no pavillón de deportes de San Ciprián. Un evento que cada ano vai en aumento, tanto no número de artesás que acoden a palillar, como en afluencia de público. De feito, na edición anterior as persoas inscritas foron algo máis de 600, polo que este ano a asistencia crece de forma moi considerable.
Palilleiras das catro provincias galegas, pero tamén de Asturias e León, participarán nun Encontro que, tal e como destaca a edil de Igualdade, Pilar Armada, “é o máis importante de toda a provincia de Lugo en canto a participación de artesás, e un dos máis importantes de Galicia”. Un evento que ademais foi o primeiro que se celebrou na Mariña.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, Pilar Armada, e as profesoras de encaixe Mari Luz Méndez e Modesta Lombardero, que participan moi activamente na organización, presentaron hoxe o cartel e o programa, que este ano ademais inclúe novidades como a entrada de artesáns doutros oficios. “O noso obxectivo dende a primeira edición do Encontro é exaltar e manter viva a arte de palillar como un traballo tradicional no noso concello, e agora queremos estender este fin a outros oficios para enriquecer o evento e potenciar de forma xeral a artesanía” asegura Armada.
En concreto, ao longo do día o artesán Francisco Galán fará unha exhibición sobre a técnica do feltro. Este lucense amosará o proceso completo de traballo da lá, dende a súa preparación ata a elaboración de diferentes pezas de vestir ou complementos. Unha técnica milenaria que os asistentes ao encontro poderán coñecer de preto. Ademais, o artesán ofrecerá un obradoiro infantil no que os nenos e nenas poderán facer os seus propios obxectos en feltro.
Programa
Esta novidade únese aos actos tradicionais do Encontro de Palilleiras. O programa arrincará ás 10 h. coa recepción de palilleiras no pavillón. Media hora máis tarde comezarán a traballar cos fíos amosando a súa práctica cos palillos, exhibición que durará ata as 13:00 horas. Ao mesmo tempo, ás 12:00 horas os acompañantes participarán na visita á Fábrica de Cerámica de Sargadelos, da que as palilleiras gozarán ao remate dos traballos. A hora do xantar está prevista para as 14:00 horas.
Do mesmo xeito, entregaranse diplomas acreditativos da súa asistencia á mocidade palilleira. Tamén haberá sorteo de agasallos doados por empresas e comercios da zona e o grupo folclórico Airiños do Xunco animará a xornada.
Venda en carpa
Como todos os anos, haberá postos de venda de todo tipo de artigos e material relacionado coa arte de palillar, a costura e diversas artes tradicionais. Nesta ocasión son 24 os vendedores que exporán os seus artigos na carpa anexa ao pavillón procedentes de distintos puntos da Mariña, Vilalba, Camariñas, Vimianzo, A Coruña, Vigo, Madrid, Cantabria ou Valencia.
Exposición
De forma complementaria tamén se manterá aberta na Casa da Cultura a exposición “Coas nosas mans 2003-2014”, unha mostra na que se incluirán multitude de traballos en encaixe e tamén elementos relacionados coas últimas dez edicións do encontro e coas últimas dez exposicións sobre a arte de palillar que pretende ser un compendio desta década de actividade.
Un evento organizado polo Concello de Cervo, as mestras de encaixe Mari Luz Méndez e Modesta Lombardero coa colaboración de Xunta de Galicia, Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño así como de Labores Mabe San Ciprián, fábrica de cerámica de Sargadelos, cerámicas Gudín, Airiños do Xunco, Eladio Bello máquinas de coser, restaurantes e hostalería do municipio, mercería e decoración Ajuar, Cesáreo Eijo Canoura-Pulpería e Multicarpas, Distribucións Carreiras, Presencia Hilaturas S.A., Autos Rodríguez e Concello de Xove.




















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



